TALLERES PAN DE MILLO

O curso pasado o equipo que leva a cabo o programa de VOZ NATURA no noso centro realizou unha serie de talleres, denominados "TALLERES CON RAÍZ", cos que intentaban dar a coñecer aos alumnos e alumnas de Educación Infantil actividades e xogos que realizaban os seus avós cando eran pequenos. Ao longo deste mes de marzo retomaron esta actividade realizando un novo taller: "PAN DE MILLO". Neste taller os nenos e nenas aprenden como se colleita o millo, cal é o proceso que se segue para obter a fariña e logo elaboran eles mesmos uns boliños coa fariña de millo. A esta experiencia, ademais do alumnado de infantil uníronse os alumnos de 1º de primaria  e a vindeira semana serán os de 2º curso os que o realicen. Coma nos talleres anteriores, contaron coa presenza do avó Sergio que lles explica todo o proceso e lles ensina a amasar e facer os boliños. Estes cócense no forno do comedor escolar e logo lévannos para as súas casas para merendar. 

Se picades nas imaxes iredes directamente ao blog do proxecto de VOZ NATURA do centro para coñecer máis detalles desta experiencia e ver as imaxes dos nenos en plena faena "coas mans na masa". 

 

 

                                         PAN DE MILLO

 

Powered by Drupal - Design by artinet