COUSAS DE CATRO

Co patrocinio de //Afundación, o  xoves día 11 de febreiro os alumnos de 3º e de 4º de primaria acudiron ao auditorio municipal para presenciar o espectáculo musical Cousas de catro do grupo galego Odaiko Percussion Group.

O grupo traballa desde o ano 2003 –ano da súa formación- a percusión na música tradicional de diferentes pobos.

Realizan actuacións no noso país e por todo o mundo, levan a cabo espéctaculos didácticos -coa idea de espertar nos nenos e rapaces o interese pola música- e tamén realizan cursos de percusión por toda a xeografía española. Se vos interesa ter máis información sobre o grupo, podedes acceder á súa páxina web:

http://odaiko.es/                                       

O grupo toma o seu nome do odaiko (大太鼓), o tambor (taiko) xaponés de  maior tamaño e que se toca con baquetas de madeira (bachi).                                                                                                            

No espectáculo, moi divertido, utilizaron como instrumentos de percusión: o propio corpo, as zocas que levaban nos pés, tarrañolas, barrís e tubos de plástico de diferentes tamaños, unha marimba e algúns xoguetes. En repetidas ocasións os nenos acompañaban os artista facendo percusión co corpo e mesmo bailando. Ao final da actuación  apagáronse as luces e só se vían unhas baquetas que brillaban na escuridade e percutían nuns barrís. Resultou espectacular.

 

ODAIKOS
TARAÑOLAS  MARIMBA
MOMENTOS DA ACTUACIÓN 
ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º PRIMARIA

(Fai clic na imaxe para acceder á galería de fotos)

Powered by Drupal - Design by artinet