DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ 2016

Como xa comentamos nunha entrada anterior ao longo da semana do 25 ao 29 de xaneiro estivemos traballando nas aulas as propostas dos diferentes equipos dinamizadores para a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que realizamos de forma conxunta:

OS GLOBOS DA PAZ 

Por proposta do equipo dinamizador de actividades complementarias e extraescolares entre todos os alumnos/as do colexio decoramos unhas bolas de diferentes tamaños (como se fosen globos terráqueos) con debuxos e lemas alusivos á PAZ e a NON-VIOLENCIA e á irmandade e solidaridade entre todos os homes. Tamén decoramos outros espazos do centro para destacar a importancia desta celebración.

 

 LIBROS E PAZ 

 O equipo de dinamización da bibilioteca escolar realizou unha exposición de libros cuia temática era a PAZ. Aínda estades a tempo de ler algún dos títulos que nos recomendan!!!. Premede na imaxe e veredes máis polo miúdo a exposición.

Tamén realizaron ao longo da semana outras actividades coma sesións de lectura por parte de nenos e nenas de 4º aos alumnos/as de infantil e 1º de primaria. Todas as lecturas versaban sobre temas relacionados coa  PAZ e a tolerancia, a igualdade...

 

 PEACE DAY 

O departamento de inglés tamén se sumou á celebración con diversas actividades, entre elas destacamos a realización dun mural e traballos de linguaxe e plásticos coa escrita de palabras e frases alusivas a PAZ e ao seu significado para os nenos/as. Tamén se premedes na imaxe levaravos ao blog deste departamento para coñecer un pouco máis estes traballos realizados.

  

 OS CHÍCHAROS DA PAZ 

 O equipo que leva a cabo o proxecto de Voz Natura fixo esta semana unha plantación moi especial: Os chícharos da PAZ!! Se queredes saber máis sobre esta plantación tan especial non deixedes de premer na imaxe e levaravos ao blog do cole de Voz Natura.

 

CANTANDO POLA PAZ

Por último o pasado venres, 29 de xaneiro, realizamos un pequeno acto conxunto que consistiu na lectura por parte de nenos e nenas de 6º de primaria dun manifesto sobre a PAZ, para rematar cantando as cancións PAZ, PAZ, PAZ (de Juanes) e O ROCK DA PAZ. (As letras e vídeos xa volos adiantamos fai uns días). 

 

Powered by Drupal - Design by artinet