SAMAÍN- HALLOWEEN 2015

Un ano máis xa chegou o día do SAMAÍN - HALLOWEEN, e nocole fixemos diferentes tipos de actividades relacionadas con esta data.

Os alumnos/as de Educación Infantil traballaron unha unidade didáctica sobre o Samaín e plasmaron con distintas técnicas o mundo "dos seres terroríficos" (pintaron pedras, fixeron banderíns, pintaron rolos de papel, confeccionaron carautas...)  

Nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traballaron na área de plástica (materia impartida en inglés) a festividade de Halloween e confeccionaron cabazas con cartolina. En 4º de Educación Primaria xogaron cos famosos "hama-beads" para realizar caveiras, bruxas..., 

Samantha, a nosa auxiliar de conversa, realizou presentacións adaptadas aos distintos niveis (2º, 3º, 4º 5º e 6º de primaria), para ensinarlles aos alumnos/as como se celebra a festividade de Halloween, ademais de xogos, cancións... e realizou tamén un concurso para todos os alumnos/as de primaria do cole.

E por suposto na biblioteca do centro non faltaron as actividades relacionadas con estas celebracións: concurso de carteis sobre os personaxes malvados dos contos, taller de confección de cabazas, terceira edición do concurso de contos de medo e unha ampla exposición dos fondos existentes na biblioteca relacionados con esta temática.  

E como sempre non faltou a decoración en todo o colexio: murais, debuxos, guirnadas... polas aulas e corredores!!

 

No deixedes de visitar o blog da biblioteca escolar, os blogs de infantil, o de inglés e o blog de dinamización da lingua galega, alí podedes atopar máis información e/ou imaxes sobre esta celebración. 

Powered by Drupal - Design by artinet