RAPACIÑ@S: A TECNOLOXÍA BEN SEGURA

Facémonos aqui eco dunha actividade convocada para nais e pais de Ourense. O vindeiro xoves 22 de outubro ás 18:30 terá lugar no Centro Cívico da Ponte o evento chamado "Rapaciñ@s a tecnoloxía ben segura".
Trátase dunha actividade divulgativa organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, coa colaboración da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Concello de Ourense que pretende mostrar a nais e pais as normas e límites dun uso seguro de Internet, pero sen deixar de poñer tamén de manifesto os valores e oportunidades que ofrece a esfera dixital.
 
A iniciativa consiste nunha charla dirixida a nais e pais na que se realizará unha análise do uso que fan os menores de Internet, ofrecendo instrumentos de apoio ás familias para previr riscos.
 
Ao mesmo tempo, nunha sala contigua, celebrarase un obradoiro dirixido a menores de entre 8 e 14 anos no que poderán realizar actividades relacionadas coas novas tecnoloxías combinando o aspecto lúdico co didáctico.
 
 (Facendo clic na imaxe tedes máis información sobre esta actividade que vos recomenda a ANPA do centro)
 

Powered by Drupal - Design by artinet