RE-XENERACIÓN VERDE NO CANTO DE MARRÓN /VOZ NATURA 2015-16

Ao longo deste curso escolar, e por segundo ano consecutivo, o noso centro forma parte da comunidade de VOZ NATURA. Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997-1998. A súa finalidade  é "implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa Comunidade".

Cada ano o programa está centrado nun tema concreto, o curso pasado estivo adicado aos hortos escolares, e o presente está adicado á protección de todos os ecosistemas autóctonos de Galicia "coa finalidade de fomentar, en particular, o desenvolvemento de actividades que repercutan na protección dos chans". Desta forma o programa tamén se suma á declaración realizada por parte das Nacións Unidas de proclamar o ano 2015 como Ano Internacional dos Chans.

O noso proxecto deste curso titúlase "Re-xeneración: verde no canto de marrón", e aínda que continuaremos coas nosas actividades do horto escolar, "escola pote guapa", talleres, etc. e centrándonos tamén no lema deste curso, adicarémonos á limpeza e recuperación do recinto do noso centro, plantando árbores autóctonas e froiterias.

Se queredes seguir o noso traballo ao longo do curso accedede ao blog do noso proxecto de Voz Natura onde podedes ver o traballo que realizamos cada semana: 

 

 

 Premede na imaxe da cabeceira do blog para acceder ao mesmo 

 

Powered by Drupal - Design by artinet