PROTEXENDO O CAMIÑO

O xoves, 24 de setembro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participaron no recinto escolar na actividade PROTEXENDO O CAMIÑO. O obxectivo desta actividade era dar a coñecer aos cativos o Camiño de Santiago e que valoren o seu poder cultural, económico, patrimonial e social, fomentando valores de respecto e posta en valor do mesmo. Foi realizada polo grupo POLO CORREO DO VENTO, colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artistica dos nenos e nenas. 

  

Os nenos/as coñeceron a historia de Iago e Peregrina, debuxante e fotógrafa, que realizan o Camiño de Santiago tentando protexer as rutas dos riscos que poden sofrer (lixo, feísmo, falta de civismo cos peregrinos ou dos peregrinos, etc...).

 

 

 

Participaron tamén activamente realizando debuxos e reflexionando dun xeito lúdico sobre o que podemos facer para protexer o Camiño.

 

Powered by Drupal - Design by artinet