XORNADA SAUDABLE

O mércores, 23 de setembro, os alumnos/as de 6º curso disfrutaron dunha xornada "saudable" grazas a colaboración da cadea de supermercados EROSKI. Co fin de promover nos rapaces/zas unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, o programa desta actividade contou con dous momentos diferenciados:

1º- Persoal do supermercado acudiu ao noso centro para explicar aos alumnos/as a organización de todo o hipermercado, como se realiza o traballo en equipo, as diferentes seccións ... Tamén lles explicaron as claves dunha alimentación saudable, os distintos tipos de nutrientes, a pirámide dos alimentos, a frecuencia de consumo...

2- A actividade completouse coa visita ao centro Eroski situado no barrio da Ponte. Alí coñeceron as distintas seccións: froitería, carnicería, peixería... falaron cos encargados de cada unha e comprobaron, por exemplo, os utensilios que empregan na carnicería, na peixería, as medidas de seguridade... como se conservan os produtos conxelados,  a sección de hixiene...

Remataron a xornada coa degustación dunha merenda saudable a base de froitas, zumes e iogures. Durante a mesma o nenos/as participaron en diversos xogos nos que trataban de adiviñar diferentes alimentos polo tacto ou polo gusto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet