COCER E CANTAR

Un ano máis a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ourense, trouxo o teatro ao noso cole para conmemorar o Día Mundial do Consumidor (día 15 de marzo). O venres, 17 de abril, da man do grupo SEISDEDOS, tivo lugar a representación da obra de títeres COCER E CANTAR, ou como o denominan os seus creadores ESPECTÁCULO GASTRONÓMICO MUSICAL PARA MARIONETAS.  Nesta ocasión a obra ía destinada aos máis pequenos/as do cole, 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. 

"Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Pero para preparar tan saboroso manxar primeiro deberán mercar con moito tino os ingredientes. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial...

Contidos: consumo responsable, que favoreza os produtos de alimentación locais " (Sinopse da obra na páxina web do grupo http://viravoltatiteres.com/)

O espectáculo, onde prima a interacción co público, resultou moi ameno e divertido para os nenos/as. Se premedes nas imaxes accededes á galería de fotos para ver o ben que o pasaron. 

Powered by Drupal - Design by artinet