SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

O día 21 de marzo celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o 22 de marzo o DÍA MUNDIAL DA AUGA, dúas datas que no noso cole recordamos dun xeito especial pois un dos obxectivos que pretendemos é o de concienciar aos nosos alumnos/as no coidado e respecto do medio ambiente. 

Este curso sumámonos á iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Ourense denominada:

 

Semana Escolar da Árbore e a Auga

No centro recibimos unha serie de materiais didácticos para traballar a importancia dos bosques e da auga. A partir dun libro (cunha historia de ficción, onde se relacionan os ciclos da auga e das árbores, facendo fincapé na mitoloxía, na riqueza forestal e nas augas termais da nosa provincia), os nenos/as realizarán diferentes actividades ao longo desta semana.

 

Tamén recibimos catro exemplares de acivro para plantar no recinto escolar. Este martes, 24 de marzo, fixemos a plantación. Cada acivro foi apadriñado por un curso ou grupo de alumnos/as os cales lle puxeron un nome. Despois de plantalo e de regalo por primeira vez, colocaron ao lado de cada árbore un cartel co seu nome. Agora cada grupo será o encargado do seu coidado.

                                                

                                

                                                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet