DESEXOS DE NADAL

As nais que colaboran no servizo de comedor escolar tamén quixeron celebrar cos máis cativos/as dunha maneira especial o último día de comedor e compartir con eles uns momentos de ilusión, xogo e alegría, acordes co espírito destas datas.

Os pequenos/as de educación infantil debuxaron nun trozo de cartolina os agasallos e desexos que lles piden aos REIS MAGOS este Nadal. Desexos que logo as nais colaboradoras lles ataron a uns globos hinchados previamente con helio. O máis divertido foi logo soltar no patio os seus globos ao ceo, desta forma os seus "pedidos" chegarán moito antes á casa das súas maxestades... ¡Que bonita é a ilusión, e a cara de felicidade dos cativos/as...!

  

Powered by Drupal - Design by artinet