GOZANDO DOS XOGOS POPULARES NO COLEXIO

O pasado día 9 de marzo, no centro tivo lugar unha sesión de xogos populares impartida por Lito que traballa no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense.

Para entrar en calor fixemos xogos de habilidades e coordinación manual así como diferentes  trabalinguas.

Logo centrámonos no xogo dos bolos, pero non dos americanos, senon de diferentes tipos de bolos que son orixinarios da nosa provincia; todos feitos con madeira e de xeito artesanal.

Cara o final da sesión Lito "rescatou" o xogo das tabas, e explicou ao alumnado a facilidade coa que se pode xogar a calquera cousa tendo un pouco de imaxinación (por exemplo; se non teño tabas podo botar man de pedras e pintalas de cores...)

Insistiuse na idea de que podemos xogar e podemos ser quen de crear os nosos propios xoguetes, non é necesario gastar cartos para pasalo ben!!!!

  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet