O ALBINO E AS TIC

 

"O ALBINO E AS TIC" é o título que lle demos a este proxecto que se enmarca dentro do Plan Proxecta: Rapazas Emprendedoras nas TIC. 

A través deste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e contidos que vaian xurdindo no marco deste plan, a través do cal, pretendemos fomentar aptitudes e actitudes encamiñadas a acadar unha axeitada competencia dixital no noso alumnado, facendo especial fincapé na formación e empoderamento das nosas alumnas.

Alén disto, tamén queremos aproveitar para promover valores como a igualdade, a integración, a empatía, a tolerancia e o respecto.

Achegar unha visión libre de prexuízos e mitos do eido científico-tecnolóxico co gallo de fomentar a participación e a integración das mulleres no mesmo e camiñar cara a redución da fenda dixital de xénero é un dos alicerces nos que se basea este traballo. 

Powered by Drupal - Design by artinet