BASKET AND ENGLISH

Dende o pasado mes de novembro os alumnos e alumnas de 2º A e de 2º B participan na actividade promovida polo Concello de Ourense: BASKET AND ENGLISH. A actividade realízase cada xoves despois da hora de xantar, rotando os dous grupos, é dicir, un xoves realiza a mesma 2º A e,  o xoves seguinte faino 2º B. 

É unha actividade moi completa na que se desenvolven hábitos saudables, o movemento e o exercicio son básicos na mesma, ademais, os pequenos e pequenas aprenden a xogar en equipo, respectar aos demais segundo as regras deste deporte e practican ao mesmo tempo o idioma inglés, xa que a actividade é impartida por WILLIE LADSON, nativo americano e xogador profesional de baloncesto, que se dirixe a eles en inglés. 

Os nenos e nenas están moi contentos con esta actividade que se prolongará ao longo de todo o curso, ata o mes de maio. O pasado 20 de xaneiro saiu na edición impresa do XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN unha reportaxe sobre a actividade no noso centro e tamén na emisión da televisión local de TELEMIÑO, aínda que a gravación xa foi efectuada no pasado mes de novembro, cando os pequenos estaban empezando a practicala.

Neste enlace podedes consultar máis información sobre a actividade:

- CONCELLO DE OURENSE: BASKET AND ENGLISH

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet