VOZ NATURA 2020-21

Continuamos este curso 2020-21 participando un ano máis no programa de Voz Natura que este ano ten por lema "COIDAR A NOSA CONTORNA É O BO CAMIÑO"  (Defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago). 

Coa situación tan especial que estamos vivindo e polas características do programa..."Voz Natura convértese este curso no mellor aliado de moitos colexios e institutos para fomentar as actividades no exterior. Mantendo os denominados grupos estables de convivencia, os escolares aproveitarán para realizar actividades ao aire libre dentro do recinto educativo —os hortos terán máis peso que nunca, se cabe— ou fóra das súas instalacións, aqueles que teñan preto os ecosistemas nos que tivesen previsto actuar". (Sinopse extraída da páxina web de Voz Natura).

Nesta liña, nós continuaremos coas actividades que realizamos todos os anos: co horto escolar, "Horto dos amigos de Cardio", adornando o colexio "Escola ponte guapa" e tamén continuaremos co proxecto interrompido "Nos seus za-patos".

Ademais, segundo o tema marcado para este curso, o novo proxecto co que traballaremos chamado "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO", permitiranos saír ao exterior coa finalidade de gozar do encontro coa natureza que experimenta o ecoperegrino, sendo capaz de mellorar un tramo do Camiño, e sentindo a harmonía co medio que provén do respecto e do coidado do mesmo.

De acordo co novo proxecto, xa temos actualizado o blog do programa de Voz Natura. Este é o novo logo:

Xa sabedes, se queredes coñecer as novas do programa, só tedes que acceder ao blog para estar ao día:

http://blogs.voznatura.es/ceipplurilingueprofesoralbinonunez/

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet