Curso 2014-15

TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTAMOS REPOLOS E... ALEGRÍAS!

Ademais recollemos produtos da horta (pementos, tomates...) para o banco de alimentos. Comprobamos as follas das acelgas (sas e enfermas), algunhas estaban queimadas ou comidas polos inimigos das plantas.Tamén plantamos carabuñas de pexegos e alegrías, flores de cores vistosas, que imos coidar e logo levar para a casa.

PROGRAMA SI!- CURSO 2014-15

O programa SI! (Saúde Integral) estrea páxina web... Máis actualizada, con maiores prestacións e interactividade. Botádelle unha ollada! 

                                                       http://www.programasi.org/es

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTAMOS PEXEGOS E RECOLLEMOS FROITOS

A semana pasada xa comezamos o traballo no noso horto, observamos o que quedaba das colleitas (que xa foran recollidas no verán e repartidas entre as familias máis necesitadas) e probamos os tomates que aínda quedaban. Esta semana empezamos co traballo forte: plantar pexegos (un excelente amigo de Cardio), begonias para o noso xardín dos sentidos e recollemos froitos...

(Preme na primeira imaxe e coñecerás os beneficios dos pexegos e doutros froitos...)

CADRO DE ACTIVIDADES 2014-15

O luns, 1 de outubro, comezan as actividades extraescolares ao rematar a hora de xantar. Aquí tedes o cadro - programa das mesmas.

Se algún neno/a aínda non se anotou, aínda está a tempo de facelo!

Actividades complementarias

                                                           (Preme na imaxe para ver o programa das actividades)

COMEZO DE CURSO

Comezamos unha nova andaina, con moitas novidades: implantación da LOMCE en 1º, 3º e 5º de primaria, incorporación do noso centro á Rede de Centros Plurilingües... esperemos que se cumpran as nosas expectativas e sexa un ano frutífero. Aquí tedes as primeiras informacións:

(Primeira circular informativa) 

BENVIDA

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014/2015

  

O DÍA 10 DE SETEMBRO COMEZAMOS NO NOSO HORARIO HABITUAL DE 9:30 ATA 14:30 (15:30 PARA OS NENOS/AS QUE FAN USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR)

 

PROGRAMA VOZ NATURA 2014-15

SOMOS UN CENTRO VOZ NATURA!!

O proxecto presentado polo noso centro é un dos 319 proxectos seleccionados polo comité científico de Voz Natura para participar na 18ª edición de Voz Natura que se realizará este curso 2014/2015.

"DO HORTO AO PRATO. O XARDÍN DOS SENTIDOS"  é o título do noso proxecto e que está centrado no horto ecolóxico.

Picando na imaxe tedes acceso directo á páxina de Voz Natura para consultar toda a información e no seguinte enlace podedes ver a lista dos centros e proxectos seleccionados.

Lista de centros e proxectos admitidos 2014/2015- Voz Natura

 

Powered by Drupal - Design by artinet