Curso 2014-15

MAGOSTO 2014

O luns 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Despois de disfrutar dun xantar típico desta festa (empanada e bolo preñado) os nenos/as disfrutaron con diferentes xogos populares mentres se asaban as castañas: carreira de sacos, saltar a corda, xogo do tres en raia con castañas, o come-castañas, tirar da corda... Unha vez asadas as castañas, ademais de comelas, non podía faltar o máis divertido: pintarse coa cinsa que quedou da fogueira. Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron...!!

 

ANTES DE XANTAR

PREPARANDO O LUME

XANTANDO

ASANDO CASTAÑAS

 

XOGOS POPULARES 

 

COMENDO CASTAÑAS

 

HORA DE PINTARSE!

 

OS NOSOS GRAFFITI

  (Preme en cada imaxe para acceder á galería de fotos)

ESCOLA PONTE GUAPA

En días pasados fíxose un chamamento a toda a comunidade educativa para realizar entre todos unha das actividades enmarcadas dentro do proxecto Voz Natura: "Escola ponte guapa". O sábado, 08 de novembro, estivemos cavando zanxas ao longo do muro exterior dos patios cubertos. Entre os voluntarios/as:  pais, alumnos/as, ex-alumnos e profesores/as preparamos o terreo para a futura plantación de mirtos nesta zona, que presenta un aspecto bastante "feo",  e así poñela máis "guapa". Despois deste primeiro traballo, que a chuvia case nos impide rematar, continuaremos coa preparación da terra, abono e plantación en seguintes sesións de traballo conxunto.

Dar as grazas aos que se animaron a vir e colaborar e emprazar a todos/as para futuras xornadas de traballo.

TRABALLANDO NO HORTO

Esta semana plantamos unha variedade de repolos: a lombarda!!

(Preme na imaxe para ver a información a maior tamaño)

Ademais revisamos os comedeiros dos paxaros e no xardín dos sentidos observamos as cores do outono, tocamos obxectos de texturas diferentes, escoitamos os sons da natureza ...

SAMAÍN - HALLOWEEN 2014

CELEBRACIÓN "TERRORÍFICA"  DO SAMAÍN-HALLOWEEN

Coma todos os anos no colexio celebramos esta data con variedade de actividades. Na biblioteca escolar realizouse un taller de adorno de cabazas e un concurso de contos de medo, ademais de exposicións de libros e proxección dunha película sobre este tema. Erika, a nosa auxiliar de conversa, fixo unha presentación sobre a celebración de Halloween en Estados Unidos que lles ensionu aos nenos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, ademais dalgunha canción e un xogo; nas clases de inglés, os nenos/as tamén fixeron manualidades. Os cativos de educación infantil traballaron unha unidade didáctica sobre o Samaín e realizaron antifaces e distintas manualidades, e non faltou o famoso conto "Corre, corre cabaciña". En 2º de primaria desenvolveron a súa creativade coa confección de "monstros" con rolos de papel...  No blog da biblioteca, do departamento de inglés, das aulas de infantil, podedes ver algunha destas actividades.

E NON FALTOU A DECORACIÓN EN TODO O COLEXIO!!!

 

TEATRO: ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO

O martes 29 de outubro os alumnos de 3º e 4º curso de primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para ver o escpectáculo: Antía, Wamba eo regato pequeno, organizado por //Afundación.

Brais e Marta (compoñentes do grupo Tropa de Trapo) contaron catro relatos que nos axudan a reflexionar sobre a solidariedade como camiño para chegar a vivir nun mundo mellor, sen desigualdades. Como di a avoa de Wamba, o río énchese de regatos pequenos.

Wamba –un neno do Congo- e Antía –unha nena galega-  coñécense no parque. Antía comparte o seu bocadillo con Wamba e este, a cambio, cóntalle a historia do león e a elefanta, a do parque, a de Toñito Nganga e a da chaira das dúas pedras.

Brais e Marta contan as historias de xeito divertido e animan a participar os nenos. Brais tamén anima as historias con música. Toca unha batería feita con materiais de refugallo, unha kalimba, unha cunca tibetana e unha frauta doce.

Se queredes saber máis sobre:

Tropa de Trapo:  tropadetrapo.blogaliza.org

Música do espéctaculo: http://www.youtube.com/watch?v=MvmbT1HsUmI

                                             http://soundcloud.com/tropadetrapo/awrp-bateria

 

 

MERCADO SOLIDARIO

Como xa anunciamos en días pasados, a ANPA do noso centro celebrou o 26 de outubro, nas instalacións do colexio, unha nova edición do seu mercado solidario. Dende aquí a directiva da ANPA quere dar as grazas, tanto aos que acudiron cos seus produtos para poñelos a venda e contribuír ao banco de alimentos do centro, coma aos que se achegaron para disfrutar xuntos deste día, coa celebración dun xantar solidario, e se animaron a facer algunha compra. Tamén quere recordarvos, sobre todo aos que non puidesen asistir, que o vindeiro 14 de decembro celebrarase outra edición do mercado solidario e coma daquela xa estará preto a festa do NADAL, teredes unha boa ocasión de comprar produtos solidarios como agasallos para Papa Noel, Reis Magos...

Na seguinte presentación tedes unha mostra dos postos e produtos do mercado.

 

BRAVE LITTLE MARY

O luns, 27 de outubro, os alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria foron presenciar a representación teatral "The Brave, Little Mary" no Auditorio Municipal de Ourense.

A obra, representada en inglés polo grupo teatral "Bicharracos Teatro", era unha adaptación do conto clásico "Juan sen medo". A protagonista fai unha fantástica viaxe na busca de aventuras que lle fagan sentir o que é o medo, pois non  coñece este sentimento: non lle ten medo a nada e a ninguén.  

 (Facendo clic na imaxe acededes ao blog de inglés para ver as fotos) 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, o venres 24 de outubro, o equipo de dinamización da biblioteca do noso centro preparou unha sesión de contacontos especial coa axuda dun mestre, xa xubilado, que impartiu docencia durante moitos anos no colexio:  o profe Xosé Carlos Caramés.

Se queredes saber máis sobre esta celebración, consultade o blog da biblioteca escolar (se clicades na imaxe iredes directamente a el).

 

ACTIVIDADE VOZ NATURA

 CONVOCAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA DENTRO DO PROGRAMA: 

ESPERAMOS A PARTICIPACIÓN DE TODOS O VINDEIRO SÁBADO, 8 DE NOVEMBRO !!

 

(Preme na imaxe para ver a convocatoria a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO: AS NABIZAS E MOITO MÁIS...

Ademais de observar e aprender cousas sobre as nabizas e os grelos, sementamos algunhas leitugas. Tamén puxemos millo nun comedeiro para paxaros. Buscamos cores de outono e recordamos como se din en inglés (brown, red, orange, green, yellow...), a practicar o plurilingüismo ...!

Powered by Drupal - Design by artinet