EDLG: Actividades

DÍA DAS BIBLIOTECAS CO MAGO CHIRLETA

 

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo a visita do Mago Chirleta para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Gozaron dun espectáculo de máxia e contos onde os protagonistas foron os propios nenos e nenas. 

Que ben o pasaron!

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DO DÍA

EXPOSITOR RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O MES DA CIENCIA

O mes de novembro é o MES DA CIENCIA e na entrada á BIBLIOTECA tedes unha exposición de libros relacionados coa temática.

DÍA DA BIBLIOTECA CO CONTACONTOS CELSO FERNÁNDEZ SANMARTIN

 

O domingo 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Para conmemoralo, o venres 22, recibimos a visita de Celso Fernández Sanmartin, un coñecido poeta e artista de Lalín.

 

Celso é un contador de contos e historias de vida tradicional que adapta para dirixilas a distintos públicos.

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar da orixinalidade das súas historias, algunhas delas transmitidas pola súa avoa.

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

ENQUISA

Estimadas familias:

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos determinar a situación socilingüística da nosa comunidade educativa. É por iso que precisamos da vosa colaboración cubrindo a enquisa que atoparedes premendo na seguinte ligazón:

 

ENQUISA FAMILIAS

 

A enquisa é anónima, polo que pregamos que a cubrades coa maior sinceridade posible.

 

CONCURSOS PARA SAMAÍN

 

 

 

 

Dende o Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñémosvos os seguintes concursos, que agardamos vos gusten moito.

Animádevos a participar!

MAIOS 2021

Unha das festas típicas de Galicia, e en especial da nosa cidade, é a dos Maios, festa que se remonta á época prerromana e na que se exalta a natureza ao comezo da primavera.  Como xa sabedes, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propuxo á  comunidade educativa a realización dun maio, pero este ano, debido á situación de pandemia pola que estamos pasando, a proposta foi algo distinta ao maio tradicional: cada neno e nena levou para a súa casa un modelo en cartolina coa forma do maio de tipo "enxebre" piramidal para adornalo libremente. A decoración foi moi variada: algúns simplemente pintados, pero a maioría cubertos con follas, flores, plantas, cascas de laranxa, bugallos, pétalos... imitando os maios tradicionais. 

Unha vez máis, moitas grazas ás familias pola colaboración prestada, neste caso ademais para seguir mantendo viva unha tradición do noso pobo e da nosa cultura. 

Ollade a seguinte presentación: 

 

CONTAMOS DENDE A CASA - LETRAS GALEGAS 2020

Na seguinte presentación xa podedes ver e escoitar as historias que dende as súas casas nos contan os nenos e as nenas nesta celebración tan atípica do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.  Esperamos que vos gusten!!

Premede no símbolo  para pasar as diferentes páxinas e logo facede clic no título de cada conto para visualizalo.

#MOLACARVALHO

Damos as grazas a todas as familias e restantes membros da nosa comunidade educativa que se sumaron unha vez máis a unha das nosas iniciativas: a de rendir o noso pequeno homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO, autor ao que se lle dedicou este ano 2020 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e que, por culpa das circunstancias actuais, celebramos dende as casas.

Destacar que o hastag máis usado foi "#aspitasbaixoachoiva", en referencia ao conto do mesmo título que escribiu Ricardo Carvalho, no que narra lembranzas da súa nenez na aldea.  

Powered by Drupal - Design by artinet