Curso 2014-15

CONTACONTOS: DON QUIJOTE DE LA MANCHA

O xoves, 19 de febreiro, os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron activamente na sesión de contacontos e de animación á lectura sobre a historia de Don Quijote de la Mancha. Esta actividade, promovida pola editorial Vicens-Vives, foi levada a cabo por Raquel Queizás, actriz e experta contadora de contos e historias propias e/ou alleas. A actividade resultou moi motivadora e amena, na que os rapaces/zas tamén foron protagonistas e improvisados actores... 

Premendo nas imaxes accededes ao blog da biblioteca onde teredes máis información sobre a sesión e sobre este libro tan importante da lingua castelá.

SEMANA DO ENTROIDO

NESTA SEMANA TAN ENTROIDEIRA SEGUIMOS AS ORDES DO MECO...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O LUNS PUXEMOS GRAVATAS, LAZOS, PANOS...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                              

O MARTES ENGADíMOSLLE UN GORRO, SOMBREIRO, VISEIRA, ORELLAS... 

  

 

 

 

 

 

 

O MÉRCORES COMPLETAMOS O NOSO ATAVÍO CON COLARES, COLGANTES, PERLAS... 

 

   O XOVES PINTAMOS AS CARAS!!!   

ENTROIDO 2015

E o venres por fin chegou o día grande do entroido no cole!!!

Aínda que non puidemos saír ao patio coma outros anos por causa do mal tempo, fixemos igualmente unha gran festa no salón de actos do cole:

- Desfilamos por cursos.

- Os maiores de 5º e 6º leron as coplas do meco.

- Os pequerrechos de infantil formaron unha gran comparsa Os amigos de Cardio,  froitas e verduras saudables, aunando así varios proxectos que realizan ao longo deste curso: Programa SI! (Saúde Integral), Do horto ao prato (Proxecto de Voz Natura) e Plan de consumo de froita nas escolas co Proxecto de comedor do centro.

- E rematamos bailando!!.

 Na seguinte presentación veredes unha pequena mostra do que foi ese día.  

ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015

 

ATENTOS ESTA SEMANA ÁS ORDES DO MECO!!!

DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos un ano máis no centro o DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, este día que se celebra nos colexios dende 1964 por iniciativa de Llorenç Vidal, propugna unha educación permanente en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.

Ao longo destes días traballáronse nas aulas actividades propostas por diferentes equipos (equipo de biblioteca, equipo de dinamización galega, equipo de actividades complementarias e extraescolares...)

Velaquí algúns dos resultados das mesmas:

 O MURO DA PAZ 

A proposta do equipo de dinamización da biblioteca escolar realizouse a actividade O MURO DA PAZ, cada "ladrillo" do muro era unha palabra ou mensaxe relacionado coa paz ou a non-violencia que foi aportando cada neno/a.

 HANDS FOR PEACE 

Dende o departamento de inglés realizaron o mural "HANDS FOR PEACE" (manos para la paz)

(pica nas imaxes para acceder ao blog deste departamento)

 

OS SÍMBOLOS DA PAZ 

 

Por proposta do equipo de actividades complementarias e extraescolares e do equipo de dinamización da lingua galega decoramos este curso a entrada do colexio cos dous símbolos máis universais da paz: o círculo con tres liñas no interior e a pomba coa póla de oliveira no peteiro. 

Tamén tivemos un recordo especial para a gañadora do derradeiro Premio Nobel da Paz: Malala Yousafzai.

 


 

A POMBA SOLIDARIA 

 

Como remate desta semana, o venres realizamos un acto conxunto: "A POMBA SOLIDARIA". Comezamos coa lectura por parte de alumnos/as de 4º de primaria de textos referidos á paz e a actividade que íamos realizar, a continuación fomos enchendo unha pomba debuxada con alimentos non perecedoiros que serán destinados ao noso banco de alimentos. Por último cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Corazón con cremallera"

ENCONTRO COA AUTORA

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria participaron

na actividade promovida polo Concello de Ourense denominada "Encontros coa autora". O obxectivo principal da mesma  é o de poñer en contacto aos nenos/as con autores de libros infantís e xuvenís para que coñezan de forma directa a súa obra e o seu traballo. 

A actividade comeza primeiramente coa lectura na aula dun libro axeitado á idade dos nenos/as e logo o encontro co autor/a do citado libro. Este curso o encontro realizouse na Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense o pasado venres, 30 de xaneiro.

O libro lido foi "Escarlatina, a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas. Un dato importante: o libro recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. 

(Se facedes clic na foto da autora accededes á páxina da Editorial Xerais (editora do libro) para coñecer detalles da vida e obra de Ledicia Costas, e se facedes clic na imaxe da portada do libro, podedes ver o argumento do mesmo e acceder a unha ficha de lectura)

 

 

 

Presentación da autora

Ledicia Costas asinando os libros 
Póster- agasallo dos nenos/as de 6º curso á autora  

Todos os alumnos/as de 6º recoméndanvos a lectura deste libro que segundo as palabras ditas por un deles:   "Foi un libro moi entretido ata o final. Cústabame parar de ler"

(preme nas imaxes para acceder ao blog de aula de 6º A onde podedes ler a valoración que fan os nenos/as desta actividade)

NA PROCURA DO TESOURO

O día 27 de xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º curso de primaria desprazáronse ata o Auditorio Municipal para ver a representación da obra "Na procura do tesouro", unha ACTIVIDADE DIDÁCTICO - MUSICAL SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO, representada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra (www.xistra.info) e patrocinada por "Afundación" dentro da súa campaña social de actividades para escolares. 

(para ter máis información, premede nas imaxes para acceder ao blog do equipo de dinamización da lingua galega)

            alumnos/as de 3º de primaria                             alumnos/as de 4º de primaria 

O xornal  "Faro de Vigo", na súa edición dixital, fixo constancia desta importante actividade de promoción do noso patrimonio cultural:

 

DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, organizouse no colexio, entre outras, unha actividade que leva o nome de "A POMBA SOLIDARIA".

Esta actividade consiste en completar o deseño dunha pomba empregando paquetes con alimentos non perecedoiros (arroz, lentellas, pastas, ... leite, conservas, azucre, galletas, cacao,..). Todos aqueles alumnos/as que, de forma voluntaria, queiran participar, poden, entre o mércores (28), o xoves (29) e o venres (30), traer para a clase o paquete que van colocar o último día na confección da pomba. Cada alumno/a irá colocando a súa "axuda" ata completar o deseño. 

Todos os produtos recollidos serán destinados ao banco de alimentos do colexio. 

 

A veces sentimos que lo que hacemos es tan solo una gota en el mar, pero el mar sería menos si le faltara una gota. 

(Madre Teresa de Calcuta)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES 12 DE OUTUBRO

O vindeiro xoves, 29 de xaneiro, o "IES 12 DE OUTUBRO", instituto que lle corresponde aos nosos alumnos/as por adscrición para continuar os seus estudos de Educación Secundaria, realiza unha xornada de portas abertas dirixida os alumnos/as de 6º de Educación Primaria e aos seus pais/nais ou titores/as legais. O obxectivo da actividade é dar a coñecer as ensinanzas que se imparten no centro e as instalacións coas que conta, así como aclarar todas as dúbidas que se poidan ter sobre a nova etapa educativa que comezarán os alumnos/as no curso 2015/2016. 

Para realizar esta visita saírá do noso centro un autobús ás 11:00 horas, os alumnos/as de 6º irán acompañados por tres profesores. Tamén é moi importante que algún familiar acompañe ao alumno/a, polo que poderán facelo no mesmo autobús que levará a estes dende o centro.

 

PRAZO DE RESERVA DE ADMISIÓN NO IES 12 DE OUTUBRO 

DO 01 AO 19 DE FEBREIRO DE 2015

TEATRO EN INGLÉS: SPINDERELLA

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria acudiron o día 21 de xaneiro ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra teatral en inglés titulada "SPINDERELLA", posta en escea pola compañía "BLUE MANGO THEATER". A obra é unha adaptación moderna do conto da "Cincenta" e inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos soños. 

Tedes máis información sobre esta actividade no blog de inglés (picade nas imaxes para acceder ao mesmo)

Powered by Drupal - Design by artinet