Bolsas, convocatorias e axudas

CONCILIA VERÁN 2020

Dende o día 15 de xuño e ata o 21 de xuño está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades denominado CONCILIA VERÁN 2020 a desenvolver no noso centro ao longo dos meses de xullo e agosto.

Este programa está  promovido polo Concello de Ourense coa finalidade de ofertar ás familias unha serie de actividades orientadas á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia, a promover a igualdade de xénero e o respecto ao medio ambiente. Ademais de actividades lúdicas haberá reforzo educativo de matemáticas, lingua e idiomas.

Estas actividades están dirixidas ao alumnado dende 6º de infantil (5 anos) ata 6º de primaria. 

Premede na imaxe para acceder a toda a información:

Tamén se premedes no seguinte enlace accededes á páxina web do Concello:

- CONCELLO DE OURENSE: INFORMACIÓN  

- CONCELO DE OURENSE: INSCRICIÓN ACTIVIDADES CONCILIA VERÁN 2020

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020/21

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020/2021. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

- Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar  (DOG do 19-05-2020)

 - Resumo/información ás familias   

FondoLibros

- Acceso á aplicación FondoLibros

- Impreso de solicitude 

- Enlace á sede electrónica da Xunta de Galicia  

Recordade que estas axudas son para o alumnado de primaria e secundaria (non está incluído o alumnado de educación infantil).

O horario de atención na secretaría do centro será de 9:30 h. a 13:30 h.

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Hoxe, 30 de marzo, sae publicado no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. 

- ORDE axudas comedor escolar 

Na seguinte circular tedes toda a información resumida sobre estas axudas, que afectarán ao alumnado usuario gratuíto deste servizo e aos que aboan 1 euro:

- Información ás familias, axudas comedor escolar

REPARTO DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE XA PODEDES CONSULTAR O LISTADO DE REPARTO DEFINITIVO DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO (LIBROS DE PRÉSTAMO) PARA 3º. 4º. 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OBSERVACIÓNS:  Recordade que os días 5 e 6 de setembro deberedes de pasar polo centro para recoller os libros que lle corresponden a cada neno/nena. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

No seguinte enlace podedes consultar a lista definitiva de solicitudes admitidas dos alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria que solicitaron libros de texto do fondo solidario para o vindeiro curso 2015/2016

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO      3º e 5º PRIMARIA 

 

Entrega de libros: do 04 ao 09 de setembro de 2015

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet