EDLG: Actividades

VISITA DE PACO NOGUEIRAS POLO DÍA DA PAZ

 

 

Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL DA PAZ e veunos visitar nin máis nin menos ca PACO NOGUEIRAS.

 

Nas aulas estivemos escoitando dúas das súas cancións para a PAZ: APERTAS QUE VOAN E MÓVETE.

Cancións que puidemos cantar hoxe tamén con el.

 

Un concerto ao aire libre que nos encantou. Movémonos, participamos, bailamos e pasámolo xenial.

 

Moitas grazas PACO por vir a cantar e bailar connosco!!!!

 

  

Iris tivo a sorte de ser a elexida de bailar no escenario con Paco Nogueiras e que ben o fixo. Seguiuno xenial e axudounos a non perdernos no baile!! Fantástico Iris.

FESTIVAL DE NADAL 2022

 

Chegou o Nadal e este ano puidemos celebralo como a nós nos gusta. Cun festival de cancións e baile.

Deixámosvos aquí o vídeo coas distintas actuacións.

 

CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA

 

 

 

 

EXPOSITOR DE FONDOS SOBRE CIENCIA

PANEL DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS

Durante o mes de novembro realizáronse na biblioteca diversos experimentos científicos. Para iso prepararon os nenos e nenas de 3º a 6º uns experimentos que logo lles amosaron aos máis pequeno. Foi unha actividade na que todos e todas desfrutaron e aprenderon cousas sorprendentes.

ENTREGA PREMIOS AOS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAMAÍN

 

CHEGOU O DÍA DE COÑECER AOS PREMIADOS DOS CONCURSOS CONVOCADOS POLO SAMAÍN

A decisión foi moi difícil.

Grazas a todos e todas por participar e por poñérnolo tan complicado.

 

Un agradecemento especial a vós, FAMILIAS por acoller esta actividade con tanta creatividade.

GRAZAS!!

 

 

Todos os  nenos e nenas que participaron nos distintos concursos recibiron un diploma de recoñecemento e os premiados recibiron  a maiores do diploma un pequeno detalle.

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Aproveitando que este mes está adicado á ciencia, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou varias conexións para visualizar videoconferencias relacionadas co mundo científico.

Puideron aprender sobre temas tan interesantes como a pegada humana e os efectos que ten sobre a xeomorfoloxía galega, sobre o cambio climático e a súa relación co sistema alimantario ou sobre como será o océano do futuro.

 

 

 

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS

 

PARA CONMEMORAR O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA, REALIZÁRONSE VARIAS ACTIVIDADES NAS DISTINTAS AULAS E COMO ACTIVIDADE DE CENTRO  PREPARAMOS CO ALUMNADO DE CADA NIVEL UN CARTEL QUE REPRESENTA UN DOS DEREITOS DO NENO. TODOS OS CARTEIS QUEDAN EXPOSTOS NA ENTRADA DO CENTRO ANTES DE FORMAR PARTE DA DECORACIÓN DAS PAREDES DOS DISTINTOS CORREDORES.

DEIXÁMOLOS TAMÉN AQUÍ PARA QUE POIDADES VELOS E VER O GRAN TRABALLO QUE SE FIXO.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2022

 

O PASADO XOVES TOCOU CELEBRAR O MAGOSTO E DESPOIS DE ANOS SEN FOGUEIRA, DESTA TOCOU; E MENUDA FOGUEIRA.

UNHA VEZ QUE O LUME DEIXOU PASO ÁS BRASAS ASÁRONSE UNHAS CASTAÑAS RIQUÍSIMAS

 

AGORA PASADE VEDE QUE BEN O PASAMOS

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2022

 

NESTE SAMÁIN CONVOCAMOS DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA UN CONCURSO DE CASAS MONSTRUOSAS E MENUDO ÉXITO TIVO A PROPOSTA.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER AS ESPECTACULARES CASAS QUE ENCHERON O CORREDOR DA ENTRADA DO COLEXIO.

NON PODEMOS MÁIS QUE AGRADECERVOS AS FAMILIAS O GRAN TRABALLO QUE LEVASTES PARA MANDAR UNHAS CASAS TAN FANTÁSTICAS.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

 

TAMPOUCO FALTARON OS DISFRACES RELACIONADOS COA TEMÁTICA DO DÍA.

PASADE E VEDE.

 

Concursos para celebrar o Samaín

 

O SAMAÍN xa está preto e dende a Biblioteca e do equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos uns concursos de MEDO.

                                                                                                                                                    

PREME NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE

 

Powered by Drupal - Design by artinet