Saúde Integral (SI)

PROGRAMA SI!

Por fin chegou a SEMANA DA SAÚDE. Un ano máis celebramos con CARDIO esta semana tan especial cun montón de actividades. Aquí tedes o programa. Será unha semana chea de sorpresas, divertida e sobre todo MOI SAUDABLE!

XORNADA DE COCIÑA SAUDABLE: COÑECER PARA MELLORAR

Como xa anunciaramos anteriormente, o día 06 de maio tivo lugar no centro a actividade: "Xornada de cociña saudable: coñecer para mellorar". Promovida pola fundación SHE en colaboración co Concello de Ourense e da empresa COREN, tratouse dunha actividade enmarcada dentro do programa que se leva a cabo no colexio. Desenvolveuse da seguinte maneira:

- Os pais/nais recibiron unha charla por parte dunha profesora da Universidade de Vigo especialista en nutrición. Nesa charla informounos das pautas para acadar unha dieta equilibrada, faloulles dos falsos mitos sobre os alimentos, da importancia de realizar cinco comidas cada día e do esencial que é o almorzo;  para concluír coa importancia do exercicio físico.

- A continuación un cociñeiro explicoulles a elaboración de tres pratos "alternativos", que ademais de moi nutritivos resultan moi apetitosos para os nenos.

- Finalmente, pais e nenos, disfrutaron coa degustación dos citados pratos e doutros centrados en froitas e verduras.

(Preme nas imaxes para ver a galería de fotos)

      

Fai clic no libro para visualizar as receitas explicadas na xornada.

 

 

XORNADA DE COCIÑA SAUDABLE

O vindeiro martes, 06 de maio ás 17:45 h celebraremos no colexio unha "xornada saudable": "Coñecer paa mellorar" promovida polo programa en colaboración co Concello de Ourense e o apoio da empresa Coren. Consistirá nunha charla dirixida aos pais/nais dos alumnos de educación infantil e 1º de educación primaria que impartirá Dona Julia de la Montaña, profesora titular de Nutrición da Universidade de Vigo e nun taller de cociña saudable, centrado nas froitas e verduras, que logo degustaremos.

Para facilitar a asistencia do maior número de pais e nais, informamos que haberá un animador para atender aos nenos durante o tempo que dure a actividade (polo que poden vir con eles).

Recorden que para poder participar en dita actividade (como se lles informou nunha nota que os nenos levaron as súas casas), é necesario que confirmen a súa asistencia á mesma entregando asinada e cuberta a citada nota informativa.

 

RECUNCHO SAUDABLE

XA PUXEMOS EN MARCHA O RECUNCHO SAUDABLE. CON CARDIO APRENDEMOS MOITAS COUSAS DOS ALIMENTOS E... ALGÚNS DELES PLANTARÉMOLOS NO NOSO HORTO... !

VISITAS NO COLE

O venres, 4 de abril, tivemos unha visita moi especial, veu ao centro  Dona Ramona Martínez Bastida, a coordinadora xeral dos programas de saúde da Fundación She. Mantivo unha reunión coas profesoras implicadas no Programa SI (Saúde Integral) para comentar a marcha do programa. Tamén visitou o "Horto dos amigos de Cardio" e o noso "Recuncho Saudable".

O PROGRAMA SI!

A Fundación Internacional SHE (Science, Health and Education) nace da iniciativa do Dr. Valentín Fuster. Baseada na investigación básica e clínica (Science), ten o obxectivo de promover a saúde (Health) mediante a comunicación e a educación (Education) á poboación. 

"LA PREVENCIÓN DE LA ENFERMEDAD Y LA PROMOCIÓN DE LA SALUD SON LA CLAVE PARA QUE LA PREVALENCIA DE LA ENFERMEDAD CARDIOVASCULAR DISMINUYA EN EL MUNDO". DR. VALENTÍN FUSTER.

Un dous seus programas é o Programa SI! (Saúde Integral). Programa dirixido aos colexios e ás familias e que pretende a creación de hábitos saudables dende a infancia para reducir os riscos das enfermidades cardiovasculares e mellorar a calidade de vida na idade adulta.

"Un cambio no estilo de vida da poboación é o único camiño para evitar a extensión das enfermidades cardiovasculares, a primeira causa de mortalidade no mundo" . " A través de un programa de intervención escolar, que una vez implantado en todos los niveles educativos – infantil, primaria y secundaria – debería incidir en el conocimiento, actitudes y hábitos respecto a  la salud de los escolares, sus familias y el profesorado".

OBXECTIVOS EDUCATIVOS DO PROGRAMA:

  • Alimentación saudable
  • Vida activa
  • Corpo e corazón
  • Prevención de adicións

ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN:

  • Familias
  • Alumnos
  • Mestres
  • Ambiente escolar

"Así, el reto para el siglo XXI es cómo pasar del tratamiento de la enfermedad al cuidado preventivo de la salud". 

SOMOS UN COLEXIO SI!

Dende o curso 2012/2013 o noso centro é un Colexio Si! (Saúde Integral).

A mascota do programa é "CARDIO"

Premendo na imaxe accedes á páxina web do PROGRAMA SI!                                                   

Logo para poder entrar e visualizar toda a información e ver as actividades que levamos realizado e as que fixeron outros colexios adheridos ao programa, tedes que acceder ao apartado que indica "Intranet" e alí cubrir cos seguintes datos:

 

 Usuario: FAM32015190

Contraseña: FAM32015190XH                                     

LIPDUB DA SAÚDE

A moverse! 

Un dos obxectivos educativos do programa é promover unha vida activa.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet