O alumnado de 5º e 6º participa nunha charla sobre a seguridade en Internet

Hoxe veunos visitar un Policía Nacional para falarnos do importante que é que teñamos coidado cando andamos na Internet.

Falounos de que hai que ter moito coidado cos datos privados que compartimos consciente e inconscientemente na rede. Que debemos crear contrasinais seguras para todas as nosas contas. 

Tamén nos falou do Ciberacoso e da importancia de informar aos adultos de confianza do que está a pasar tanto se nolo fan  a nós mesmos, como se sabemos que llo están a facer a outros.

A charla de hoxe solicítamola a través do Plan Director. E se serviu para que repensen o que fan nas redes e vaian sendo un pouco conscientes do coidado que deben ter, cremos que logramos o noso propósito.

Intenet non é malo, pero ás veces facemos un mal uso del e iso pode derivar en preocupacións e agobios.

Tede coidadiño na rede!

 

 

O alumnado de 2º de primaria recibe a visita de axentes forestais

O pasado venres 25 de marzo, e dentro das actividades levadas a cabo no noso centro, o alumnado de 2º de primaria asistiu a unha interesante charla impartida por axentes forestais do distrito de Ourense no que diron a coñecer a labor que realizan máis alá da de extinción de incendios: vixianza, limpeza e desbroce de montes e camiños, reforestación, conservación, etc.

O alumnado participou activamente e concienciouse, máis se cabe, da importancia do coidado da natrueza en xeral e dos montes en particular...

Para rematar amosáronnos o funcionamento dunha motobomba de prantamos unha cerdeira!!!!

Agora seica queren ser todos e todas axentes forestais cando sexan maiores!!!

Grazas a Ricardo e Daniel e á Delegación Territorial da Consellería de Medio Rural por esta interesante actividade!

 

   

O RATIÑO PRESUMIDO

 

Con motivo do Dia Internacional das Mulleres 8M, o grupo Trinketrinke teatro representou no salón de actos do colexio unha versión do conto tradicional "A ratiña presumida", no que se fomentan os estereotipos de xénero e as ideas sexistas, dun xeito diferente.

Nesta actividade, á que asistiron os alumnos e alumnas de educación infantil, dáselle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño -o rato Fuco- que disfruta cantando e limpando a súa casa, e para visibilizar a unhas mulleres empoderadas -neste caso animais- que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.

O contacontos foi moi aplaudido polo alumnado e profesorado asistente, e serviunos para traballar a idea de que "todos somos iguais e podemos facer as mesmas cousas"

 

   

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA 6º DE PRIMARIA

Hoxe, 18 de marzo, os alumnos e alumnas de sexto tiveron, a que posiblemente fose, a "clase" máis transcendental de todo o curso. Grazas ao Concello de Ourense, tivemos a oportunidade de contar coa experiencia de Nieves que nos ensinou como afrontar un lume na casa, que facer ante unha queimadura, como actuar cando alguén entra en parada cardíaca...

Ogallá nunca teñamos que aplicar o aprendido, pero todos rematamos coa idea clara de como salvar unha vida.

Grazas Nieves!!

 

 

Preme sobre as imaxes para velas máis grandes

TEATRO EN INGLÉS NO COLEXIO

O alumnado de 4º, 5º e 6º presenciou no colexio a obra de teatro en inglés Three Eggs, Two Birds and a King representada por On Stage Company.

Esta actividade atópase dentro das actividades escolares promocionadas por Afundación.

Unha experiencia que cremos motivadora e divertida, ademais de ser totalmente en inglés e interpretada por actores nativos.

 

SINOPSE DA OBRA: O rei abdica! Demasiado traballo, non hai volta atrás, retírase..O reino é peculiar e o trono non se hereda nin se gana no campo de batalla. Todo aquel que queira ser o próximo rei ou raíña pode pasarse por palacio e participar na competición.

Poderán Samantha Frankenstein e o seu fiel lacaio Igor facerse co trono? Será Victoria Rochefeler e a sú lexión de followers a nova raíña? Os rapaces e rapazas descubrírono nunha aventura sobre a honestidade, a importancia do xogo limpo.

 

  

  

Premendo en cada imaxe podes vela en grande

 

 

ACTIVIDADE - CONTA COA NATUREZA: INCENDIOS FORESTAIS

Esta actividade, promocionada polo Concello de Ourense, na que participou o alumnado de 3º de primaria, é unha proposta educativa e lúdica para explicar a actual situación de crise sanitaria, ambiental e social ao alumnado. Nela emprégase o conto teatralizado para abordar a temática, pois é unha ferramenta educativa moi útil que permite simplificar temas de gran complexidade e facilitar a súa comprensión. A situación actual bríndanos a gran oportunidade de repensar a nosa relación coa natureza e trasladar ese novo modelo de vida á infancia.

A través do conto os nenos e nenas participan de maneira interactiva situando nun mural diferentes seres vivos e vendo a súa problemática se algún deles ou todos faltasen. Ademais de visualizar unha serie de alimentos da horta para conciencialos dunha alimentación saudable.

 

 

 Se premes nas imaxes podes velas en grande

Os nosos traballos para celebrar o Día de Rosalía

No Día de Rosalía tampouco faltaron traballos de Plástica. Aquí vos deixamos o que se foi facendo nas distintas aulas.

De fondo temos unha versión cantada do poema NO BICO UN CANTAR que Curros Enriquez adicou  á Rosalía unha vez finada.

Canta a profe CARLA!!

ENTROIDO 2022

 

O pasado venres celebramos o ENTROIDO logo dunha semana seguindo os mandatos do MECO. Canta cor había no cole. Deixámosvos aquí as fotos da semana.

Powered by Drupal - Design by artinet