FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/23

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I (solicitude)

  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

NOVA PARVA ENXEBRE: BOCATA DE XAMÓN

Hoxe tocou outra gran parva enxebre:

BOCATA DE XAMÓN

Que bo estaba!!!

 

Hoxe tocou outra parva enxebre: Empanada

Hoxe tocou empanada para seguir coas parvas enxebres conmemorando o Día das Letras Galegas.

Estaba boísima, mirade que ben a comeron.

 

 

POEMAS DE FLORENCIO GURRIARÁN ILUSTRADOS POLO ALUMNADO DE 5ºB

 

Os alumnos e alumnas de 5ºB convertéronse en ilustradores para converter dous poemas de Florencio Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, en poemas ilustrados.

Deixámosvos aquí o resultado do seu traballo.

Bo traballo!!!

CARTEIS LETRAS GALEGAS

 

Unha das actividades que fixemos no colexio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS foi a elaboración de carteis.

Deixámosvos aquí o resultado do traballo feito, que opinamos é espectacular.

Todos os carteis están expostos na entrada do colexio.

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA: Listaxe definitiva de admitidos.

  Listaxe definitiva

Todos os nenos e nenas que solicitaron a admisión no centro están admitidos/as.

Recordámosvos que o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR MARCOS VISO

 

Outra actividade relacionada co DÍA DO LIBRO foi a visita do escritor e ilustrador MARCOS VISO, membro da nosa comunidade educativa, que achegou ás nosas aulas ao seu oficio de escritor e ilustrador.

En infantil deron renda solta á súa imaxinación seguindo as súas directrices, que se basearon no proxecto "Os vermes de seda" que están a traballar na aula .

En 3º de primaria, despois dunha pequena charla sobre a ilustración, crearon personaxes baseados en Pepa a loba, e puideron observar como os trazos e as cores dan personalidade á ilustración.

Co alumnado de 6º de primaria levouse a cabo unha charla coloquio para coñecer os pormenores do oficio de escritor e ilustrador, rematando a sesión cun debuxo feito por el e adicado a cada alumno e alumna.

Premendo na seguinte imaxe podedes ver un vídeo coas fotos do día.

Semana da FROITA e DA HORTA AO PRATO

Nesta semana estamos a comer aínda máis saudable, se cabe,  do que xa vimos acostumados.

 

Na hora da parva estamos coa SEMANA DA FROITA, polo que todos os días haberá froita variada para comer,  como podedes ver nas imaxes.

 

Ata puidemos probar tamén os primeiros amorodos da horta .

 

No comedor estamos coa semana DA HORTA AO PRATO. Ao longo desta semana consumiranse as verduras ecolóxicas da nosa horta.

Recordade que no seu cultivo participaron varios cursos do cole. Polo que comerán os seus propios produtos.

Menuda emoción!

 

 

 

Bo proveito a todos e todas!!

Investigación do alumnado de 5ºB sobre Ángela Ruiz Robles

 

O alumnado de 5ºB investigou sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES para conmemorar o DÍA DAS MULLERES NA CIENCIA.

Os traballos finais resultado da súa investigación materializáronse nunha presentación que podedes ver premendo sobre a seguinte imaxe.

e un especial TELEGALICIA no que eles e elas  se converteron en entrevistadoras e entrevistados/as.

 

Este traballo permitiulles coñecer a Ángela Ruiz e o seu traballo de mestra e investigadora, aprender algúns aspectos relacionados coa época na que viviu e ao mesmo tempo enfrontarse á tecnoloxía para grabar un programa televisivo.

Actividade que resultou moi divertida.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet