Admisión e matrícula

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1 AO 21 DE MARZO

PODE REALIZARSE DE DÚAS FORMAS:

IMPRESOS DE SOLICITUDE

Pódense solicitar na secretaría do centro ou descargalos nos seguintes enlaces

ANEXO II (galego) ANEXO II (castelán)

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE

  • Orixinal ou copia cotexada do DNI do/a alumno/a (se o ten) e dos seus pais.
  • Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
  • Documento acreditativo de estsr en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só alumnado de primaria).
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudiacial ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso.
  • Cuestionario sobre a Lingua Materna -  só alumando de 3 anos. Pódese descargar  AQUÍ

INFORMACIÓNS XERAIS

  • Só se pode presentar unha solicitude de admisión
  • O alumnado que está no centro continúa automaticamente.
  • Se o alumnado que está no centro presenta unha solicitude a outro centro, debe comunicalo no centro de orixe.

NORMATIVA

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2022-2023

 

Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2022-23 coa reserva de praza nos centros de adscrición.

Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro o alumnado  de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro)debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza

a) na secretaría do centro                                             b) por vía telemática

 

A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.

Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
  • Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.


Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA CURSO 2021-22

Recordamos ás familias de todos os alumnos e alumnas de nova admisión que do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula. 

Poden recoller a información de toda a documentación a presentar e os diferentes impresos na secretaría do centro ou descargalos premendo na seguinte imaxe. 

LISTADO ADMITIDOS MATRÍCULA CURSO 2021-22

Premendo na seguinte imaxe podedes consultar a lista definitiva de admitidos para o vindeiro curso 2021-22:

Recordar que do 20 ao 30 de xuño é o período para realizar a formalización da matrícula. 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Premede na seguinte imaxe para consultar a lista provisional de admitidos para o vindeiro curso 2021-22.

Recordamos:

Prazo de reclamación das listaxes provisionais: cinco días hábiles posteriores á publicación destas listas provisionais.

Publicación definitiva das listaxes de admitidos e excluídos: antes do 15 de maio de 2021.

Prazo de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021. 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-2022

   

(Facede clic na imaxe para acceder a toda a información)

  

CALENDARIO-RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Presentación de solicitudes de admisión  do 01 ao 22 de marzo
Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos  antes do 25  de abril 
Prazo de reclamación  5 días hábiles posteriores á resolución provisional 
Publicación da lista definitiva de admitidos e non   admitidos antes do 15 de maio
Prazo de formalización da matrícula  do 20 ao 30 de xuño 

 Nos seguintes enlaces podedes descargar a normativa que regula o proceso de admisión e matrícula: 

 Decreto 254/2012 polo que se regula a admisión do alumnado
 Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o Decreto 254/2012
 Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de                    marzo de 2013
 ORDE do 18 de decembro de 2020  pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
 Zonas de influencia do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez 

A documentación a presentar para as solicitudes de admisión é a seguinte:

Impreso de solicitude de admisión (ED550B)           

Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de primaria).
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso. 
Cuestionario sobre lingua materna (só alumnado de 4º de infantil (3 anos))

* A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

AVISO: VISITAS AO CENTRO

AVISO: Dende o día 1 e ata o 22 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-22. Debido á situación sanitaria pola que atravesamos, este curso non faremos a xornada de portas abertas de forma conxunta, como realizabamos outros anos, para todos aqueles interesados en visitar o centro.

Pero aquelas familias que desexen coñecer de primeira man as instalacións do centro, así como obter información sobre os obxectivos educativos, os diversos programas e proxectos, o funcionamento dos distintos servizos complementarios... PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO E SOLICITAR, MEDIANTE CITA PREVIA, UNHA VISITA EN HORARIO DE TARDE. 

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-22

Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2021-22 coa reserva de praza nos centros de adscrición.

Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de primaria que desexen continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro)deben presentar, ben na secretaría do centro, ben de forma electrónica, o impreso de solicitude de reserva de praza. 

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información e descargar o impreso de solicitude de reserva:

- Información sobre a reserva de praza

- Impreso de solicitude 

- Aplicación AdmisionAlumnado

- Información na páxina web da Consellería de Educación

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2020-21

Premendo na seguinte imaxe podedes consultar a lista definitiva de admitidos para o vindeiro curso 2020-21

Recordar que do 1 ao 10 de xullo é o período para realizar a formalización da matrícula. 

Powered by Drupal - Design by artinet