DÍA DAS BIBLIOTECAS CO MAGO CHIRLETA

 

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo a visita do Mago Chirleta para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Gozaron dun espectáculo de máxia e contos onde os protagonistas foron os propios nenos e nenas. 

Que ben o pasaron!

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DO DÍA

O Samaín no cole tamén sae na prensa

 

Deixámosvos aquí o recorte do periódico LA REGIÓN que se fai eco da nosa celebración do Samáin.

Preme na imaxe para vela máis grande

 

Prácticas de alumnado de grao no noso centro

 

Unha vez máis, o colexio colaborou coa Universidade de Vigo ofrecendo a posibilidade de que alumnado do Grao de Educación Infantil fixese prácticas neste centro.

 

Ariadna San Juan, Aida Souto e Laura Santana, alumnas de 2º curso, levaron a cabo unha sesión de psicomotricidade cos nenos e nenas de 5º de Infantil. Esta actividade englóbase como experiencia na materia de “Educación para a saúde” que están a cursar este ano.

 

Os nenos e nenas realizaron divertidos circuítos motrices e xogaron a imitar diferentes animais.

  

DÍA DA BIBLIOTECA CO CONTACONTOS CELSO FERNÁNDEZ SANMARTIN

 

O domingo 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Para conmemoralo, o venres 22, recibimos a visita de Celso Fernández Sanmartin, un coñecido poeta e artista de Lalín.

 

Celso é un contador de contos e historias de vida tradicional que adapta para dirixilas a distintos públicos.

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar da orixinalidade das súas historias, algunhas delas transmitidas pola súa avoa.

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

OS VOLCÁNS DE 4º DE PRIMARIA

O xoves día 10 de outubro os alumnos e alumnas de cuarto de primaria levaron a cabo a construción dun volcán.

Esta iniciativa ten como obxectivo conectar ao alumnado coa triste actualidade e satisfacer a súa curiosidade con todo o relacionado co volcán da Palma.

Este proxecto levouse a cabo no patio para aproveitar o bo tempo que nos vai acompañando.

 

 

Podedes ver que ben o pasaron premendo AQUÍ

 

 

CURSO 2021-2022: WELCOME CLAIRE

Este curso contamos no noso centro coa colaboración de Claire Colvin, a nosa Auxiliar de conversa de nacionalidade estadounidense.

 

En concreto Claire procede da cidade de St. Louis, situada no estado de Missouri.

Estudou Psicoloxía na Universidade de Loyola en Chicago e encántalle pintar e facer sendeirismo.

Contaremos coa súa axuda tanto na área de plástica como na área de inglés, na etapa de Educación Primaria, co obxectivo de mellorar a competencia comunicativa do noso alumnado na lingua estranxeira.

Ademais Claire achegaranos a cultura do seu país.

No mapa podedes ver de onde vén Claire.

 

VOLVE O BASKET AND ENGLISH

 

    

 

Durante este curso volvemos contar coa actividade BASKET AND ENGLISH promovida polo Concello de Ourense e impartida por Will Ladson, xogador americano profesional que leva anos adicándose ao ensino do basket combinado coa lingua inglesa. 

 

Actividade que sempre é ben acollida polos rapaces e rapazas e coa que se pretende fomentar o exercicio físico dun deporte de equipo e o ensino da lingua inglesa de forma lúdica.

 

Un ano máis gozará desta actividade  o alumnado de 2º A e 2º B despois do xantar. Os luns tócalle a 2ºA e os venres a 2ºB.

 

Mmmmmm que ricas galletas!!!

 

O martes día 5 o alumnado de 6º curso de infantil participou nunha actividade lúdico-educativa. Dúas alumnas do Grao de Educación Infantil desenvolveron un traballo de innovación e investigación na materia de Educación para a Saúde co alumnado de 5 anos A e B.

 

Arianna e Ana Isabel levaron á práctica unha breve proposta educativa cos nenos e nenas sobre a temática de educación para a saúde.

 

E, remataron cunha proposta divertida e saudable "Galletas de avena". O alumnado pelou e machacou os plátanos co tenedor e despois engadiulle a avena. Unha vez feita a mestura fixeron bolas e aplastáronas un pouco para darlle forma de galleta.

Posteriormente as mestras levarno as galletas ao forno do comedor. Poucos minutos despois as galletas arrecendían. como xa era tarde para comalas, leváronas para merendar na casa.

 

Bo proveito!!

 

     

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO DÍA

BENVIDOS Á BIBLIOTECA

Benvid@s!

Aquí estamos de novo coa ilusión de comezar un novo curso. Traemos unha mochila cargadiña de ganas de traballar, aprender, emocionarnos, descubrir....

E todo isto vai da man do noso amigo LIBRÍN.

Este ano o PDI (proxecto de centro) que eliximos para traballar ao longo de curso ten o título de DIVERSIFICANDO, que é a suma do proxecto do curso pasado ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO e o deste ano ESCOLA VIVA (cos que participamos en VOZ NATURA)

Con este proxecto queremos dar visibilidade á diversidade das persoas como medio para enriquecernos e aprendermos uns dos outros.

Esperamos que comecedes o curso con moita ilusión e desexamos que veñades pronto a visitar a LIBRÍN!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet