try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Listaxe definitiva probas de acceso a ciclo superior

Comprobar datos nos seguintes enlaces:

8 de marzo

Con  motivo do día 8 de marzo, o instituto colaborou con ACEESCA para visibilizar a figura da muller. No IES o alumnado escribiu o nome de distintas mulleres con relevancia para eles ó redor dunha marabillosa creación da nosa alumna Lucía de 2º de Bacharelato; pola outra banda, o alumnado de ACCESCA optou por unha árbore de mulleres onde cada un/unha puxo o nome de algunha muller especial. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

Concurso CAREFOREST

 

 

 

 Se tes entre 13 e 18 anos animámoste a participar no concurso CARESFOREST.

Tedes que realizar un vídeo de menos de 3 minutos para sensibilizar o importante que é para todo o mundo o cuidado dos bosques.

Ademais de contribuir a mellorar o planeta podes gañar premios moi interesantes. Consulta as bases completas no documento pdf anexo.

Se precisades axuda podedes falar coa Vicedirección ou co voso profesorado.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E SUPERIOR 2021

GRAO PRAZO PARA INSCRICIÓN DÍA  EXAME
SUPERIOR 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021 (ambos incluídos) 15 DE ABRIL
MEDIO 15 ao 26 de marzo de 2021 (ambos incluídos) 27 DE MAIO

 

A solicitude é obrigario facela pola aplicación  informática https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/ e entregalas nun centro de inscrición xunto coa documentación que se indique na instancia para a súa validación polo centro, mentres non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-ord...

CONVOCATORIA PROBA LIBRE ESO 2021

Foi publicada a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro de 2021.

 CONVOCATORIA Prazo matrícula   Día do exame

 MAIO      

8 ao 18 de marzo 2021

21 de maio (venres)
SETEMBRO

1 ao 8 de xullo 2021

10 de setembro (venres)

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel na secretaría do centro utilizando o formulario normalizado ED540A, dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).

* Materiais didácticos para a súa preparación: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos

* Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

* Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos, este ano podemos aceptar solicitudes de matrícula por email (ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal e poñendo no asunto do mesmo "PL ESO"), sempre e cando a persoa non desexe aportar documentación orixinal adicional

 

Publicación listas provisionais de admitidos Probas Acceso Ciclo Supeior

Ver Listaxes do centro:  aquí

Prazo de reclamacións: 3 días hábiles (10 ao 15 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición).

 

Máis información no enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-grao-superior-listaxes-provisionais-inscricions-exencions-convocatoria-2021

Monólogos teatrais para o Día Internacional da Muller

Aí van 10 monólogos teatrais nos que as nosas estudantes asumen o papel dalgunhas mulleres sobranceiras da historia:

 






 

 

 

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o IES Ribeira do Louro homenaxea a Rosalía de Castro no seu día, o 24 de febreiro. Xa era tradición en anos anteriores celebrar a “Ruada Rosaliana”: un grupo de alumnos e alumnas, de todos os cursos, saían cantar os poemas rosalianos pola contorna a ritmo de alalá, valse, muiñeira, xota ou rap. Visitabamos o Centro de día, ACEESCA, o CPI Ribeira e mesmo cantabamos no Froiz, mentres a xente facía a compra, mais este ano, por razóns por todos e todas coñecidas, non puidemos facer esta andaina musical e decidimos gravar uns vídeos coas imaxes de anos anteriores e coa voz fresquiña deste ano. Ademais do Departamento de galego colaboraron coa celebración África do Departamento de música, Noa de PROA e Víctor cos alumnos e alumnas do Obradoiro de danza de 1º de ESO.

Aquí tedes os enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=QcaOK3qKsQg&t=11s

https://www.youtube.com/watch?v=m6oS0IJCvtg&t=5s

Fixemos, tamén, unha exposición na entrada do IES cos traballos do alumnado que foron convocados a participar baixo o lema “Un verso, unha imaxe”, onde cadaquén fixo seu un verso ou un poema de Rosalía e ilustrouno coa imaxe que lle suxería. E todos aqueles e aquelas que se achegaban a deixar os seus versos ilustrados non marchaban coas mans baleiras, porque os agasallabamos cuns versos da autora para que os fixese seus e os espallase cos demais “Rosalízate” foi a chamada que lanzamos este ano onde Rosalía, sempre con nós, fixo xa 184 anos e está máis viva ca nunca.

 

Distribuir contido