Skip to Content
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN COMERCIO E MÁRKETING ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA INDUSTRIAS EXTRACTIVAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL FCT / BOLSA DE EMPREGO

FPB Servizos Comerciais

CICLO DE GRAO BÁSICO DE SERVIZOS COMERCIAIS

 

Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección medio ambiental correspondente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega, castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

Quen pode cursar este ciclo?

Para poder matricularse no ciclo básico hai que cumprir os seguintes requirimentos:

  • Ser proposto polo equipo docente.
  • Ter o consentimento da nai, do pai ou dos/das titores/as legais.
  • Facer 15 ou 16 anos no inicio do ciclo.
  • Ter cursado o 3º curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso.

En que se traballa?

Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de compras, mercados centrais de abastos, "cash and carry", etc), como reallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos.

Que ocupacións desempeño?

O perfil profesional dun título profesional básico de Servizos Comerciais pode desempeñar as seguintes ocupacións:

  • Auxiliar de dependente de comercio.
  • Auxiliar de animación no punto de venda.
  • Auxiliar de venda.
  • Auxiliar de promoción de vendas.
  • Empregado de reposición.
  • Operador/a de cobramento ou caixeira.
  • Contador/a expedición ou recepción.
  • Operario/a loxística.
  • Auxiliar de información.

En que horarios se imparten as clases?

O horario para o ciclo básico de Servizos comerciais é:

Luns a venres pola mañá: 8.45h a 14.15h

Martes pola tarde: 16.00h a 17.40h 

Cales son os módulos que vou a estudar no Ciclo Básico de Servizos Comerciais?

O ciclo básico de servizos comerciais estrutúrase en dous anos académicos ao longo dos cales cursaranse os seguintes módulos ou materias: 

Curso 

Módulo profesional 

sesións

  1º 

Ciencias Aplicadas I

6

Comunicación e Ciencias Sociais I

7

Operacións Auxiliares de Almacenaxe

5

Técnicas Básicas de Merchandising

6

Tratamento Informático de Datos

7

  2º 

Ciencias Aplicadas II

7

Comunicación e Ciencias Sociais II

6

Aplicacións Básicas de Ofimática

10

Atención á Clientela

3

Preparación de Pedidos e Venda de Produtos

5

Formación en Centros de Traballo

320

Canto duran as prácticas do CS de Comercio internacional e onde podería facelas?

Unha vez aprobados todos os módulos, deberanse realizar as coñecidas como "prácticas en empresas" ou FCTs (Formación en Centros de Traballo), a duración destas prácticas é de 320h e realízanse no 3º trimestre do segundo curso. 

As prácticas ofrecen a posibilidade de coñecer o mundo laboral e que as empresas te coñezan a ti, dándose a oportunidade nalgunha ocasión de conseguir un contrato laboral.



page | by Dr. Radut