Skip to Content
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN COMERCIO E MÁRKETING ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA INDUSTRIAS EXTRACTIVAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL FCT / BOLSA DE EMPREGO

EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

EDIFICACIÓN E
OBRA CIVIL

No marco do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais a familia profesional de Edificación e Obra Civil abarca todo o percorrido formativo da FP, dende o grado básico ata o grado superior, incluíndo a posibilidade de especializarse posteriormente na metodoloxía BIM unha vez rematado un ciclo superior. As titulacións que se ofertan a nivel autonómico serían:

FP Básica en Reforma e Mantemento de Edificios

CM de Técnico en Construción

CM de Técnico en Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación

CS en Organización e Control de Obras de Construción

CS en Proxectos de Edificación

CS en Proxectos de Obra Civil

A área profesional da Construción atópase actualmente nunha profunda crise a hora de atopar man de obra para os distintos postos existentes no sector. Segundo o I Informe sobre o Estado da Man de Obra elaborado pola Confederación Nacional da Construción (CNC) avisa de que o 65% das construtoras considera “extremadamente difícil” contratar encargados de obra. Por detrás deles, os profesionais que más escasean son capataces, albaneis, encofradores e operarios de posta en obra de formigón. Tamén se votan en falta carpinteiros, instaladores de fachadas técnicas, montadores de prefabricados estruturais, especialistas en traballos verticais ou operadores de grúas, montacargas e de maquinaria similar de movemento de materiais.

Partindo desta demanda xeral a nivel nacional, e tras consultalo cos profesionais do sector na área de O Porriño, xurde a iniciativa de intentar crear un itinerario formativo completo para un sector que ofrecerá nos vindeiros anos unhas oportunidades laborais moi interesantes para os novos da contorna. Para conseguir o obxectivo, o IES Ribeira do Louro, comeza no curso 23-24 coa oferta do seguinte ciclo desta familia profesional:

 



page | by Dr. Radut