Skip to Content
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN COMERCIO E MÁRKETING ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA INDUSTRIAS EXTRACTIVAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL FCT / BOLSA DE EMPREGO

FPB Reforma e Mantemento de Edificios

FP BÁSICA DE REFORMA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS

 

¿POR QUE DEBES ESTUDAR ESTE CICLO NO IES RIBEIRA DO LOURO?

¿Queres aprender una profesión moi demandada á vez que sacas a ESO? Se tes 15 anos e non eres capaz de sacar os estudos da ESO, a FP Básica de Reformas e Mantemento de Edificios dache a posibilidade de formarte nunha profesión á vez de obter a titulación dos estudos do nivel ESO. Este ciclo de FP Básica ten como obxetivo formar a futuros especialistas capaces de realizar tarefas básicas de mantemento e rehabilitación en edificacions. Durante o programa de estudos, os alumnos adquiren os coñecementos e habilidades necesarias para levar a cabo labores de unha reforma de vivenda, por exemplo, entre outras. O plan de estudos basase nunha combinación equilibrada de teoría y práctica, o que permite ós estudantes aplicar os conceptos aprendidos en situaciones reais. Ademais, contarán cun equipo docente altamente cualificado e con ampla experiencia no sector, que os guiará e apoiará no proceso de aprendizaxe. Unha das ventaxas máis destacadas deste ciclo de FP Básica é o seu enfoque práctico e orientado o emprego. Ó finalizar os estudos, os alumnos estarán preparados para incorporacion ó mercado laboral e desempeñar labores de mantemento e rehabilitación nas empresas do sector da construcción, empresas de servizos, etc, xunto ca titulación de FP Básica que é un equivalente da ESO.

¿Gustaríache entrar nun sector con capacidade de progresar na profesión ata postos de responsabilidade? Actualmente o sector da construcción en temas de reformas e adecuacións está moi demandado e en constante crecemento. Fai falla persoal cualificado que abrangue todo tipo de traballos deste tipo: reformas de acabados de baños, cociñas, peches de fincas, arranxos de tellados, fachadas…. Unha vez rematados estos estudos, pódese acceder a outros FP de grado medios ou superiores da familia de Edificación e Obra Civil, e así ir progresando na profesión pasando de postos de axudantes e oficiales ata encargados, ampliando así as oportunidades de desenvolvemento profesional.

¿Gustaríache obter unha titulación na que sempre vas atopar traballo? Debido á alta demanda de profesionais especializados no sector e as tendencias no mundo da construción, as empresas e a sociedade necesitan persoal cualificado para asegurar a subsistencia do sector a nivel de recursos humanos.

¿Gustaríache viaxar por territorio nacional e internacional para coñecer como funciona o sector? Ademais da formación, outorgámoslle unha gran importancia ao coñecemento do sector. Por iso, ademais da formación, realizamos saídas a:

  • Centros de traballo das empresas.
  • Visita a outras empresas relacionadas co sector.
  • Feiras relacionadas coa construción.
  • Visitas a obras en curso.
  • Charlas e formacións singulares de empresas ou profesionais. 

¿Queres coñecer a importancia do sector desde distintos puntos de vista? O profesorado que imparte os distintos módulos pertence a distintos ámbitos, o que potencia e complementa a formación, ao ter unha visión global desde distintos puntos de vista. Actualmente contamos cun gran equipo de profesionais arquitectos, enxeñeiros civís e especialistas cunha ampla experiencia no sector de construcción, fabricación, colocación… E principalmente un equipo moi empático, adaptado aos tempos e con moitas ganas de darle outra perspectiva de futuro ó alumnado que non é capaz de seguir o curso dos estudos tradicionais.

Se che interesa todo o exposto anteriormente, con este ciclo formativo básico, coñecerás una das profesións mais demandadas actualmente, nun sector cunha necesidade urxente de profesionais capacitados. Este ciclo formativo ven a cubrir parte das expectativas que demanda o sector. Polo tanto, o ciclo formativo en Reforma e Mantenimiento de Edificios, forma ós alumnos para unha profesión con gran futuro, posto que brinda as ferramientas necesarias para convertir a éste nun profesional ben cualificado e muy valorado no mercado laboral. 

¿QUEN PODE CURSAR ESTA FP?

Para poder matricularse no ciclo os candidatos deben ter 15 anos e haber superado 2º curso da ESO.

¿QUE SE VAI APRENDER NESTA FP? 

A competencia xeral do título profesional básico de Reforma e Mantemento de Edificios consiste en:

- realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova,

- rehabilitación e reforma,

- colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado,

-pavimentación,

- pintura,

operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.  SON AS SAÍD

¿CALES SON AS SAÍDAS PROFESIONAIS DO CICLO?

Dada a evolución do sector e a demanda de man de obra cualificada, podes dedicarte a:

  • Operario/a de albanelaría básica.
  • Axudante/a de albanel.
  • Peón especializado.
  • Axudante/a en pavimentación para urbanización.
  • Axudante/a de solador/ora.
  • Axudante/a de azulexador/ora.
  • Axudante/a de esacaiolista.
  • Auxiliar de xeseiro/a.
  • Axudante/a de acabamentos.
  • Auxiliar de empapelador/ora.
  • Axudante/a de pintor/ora.
  • Axudante/a de revestimentos continuos.
  • Axudante/a de mantemento básico de edificios.

¿CANTO DURA O PERÍODO DE FORMACIÓN NA EMPRESA?

O ciclo FP Basico de Reformas e Mantementos ofrécese, unicamente na provincia de Pontevedra, no Instituto Ribeira do Louro de Porriño. Unha vez que se aproben todos os módulos hai que realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) que son as coñecidas “prácticas” en empresas. O periodo de prácticas é o terceiro trimestre do segundo curso cun total de 320 horas. Estas prácticas realízanse en empresas da zona que se dedican a realizar instalacións de telecomunucación, como poden ser instalacions de antenas de televisión, de redes informáticas, dómoticas, infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (ICT).

As prácticas ofrecen a posibilidade de coñecer o mundo laboral e que as empresas te coñezan a ti, dándose a oportunidade nalgunha ocasión de conseguir un contrato laboral. 

¿CALES SON OS MÓDULOS QUE SE ESTUDAN?

Os módulos do ciclo distribúense en dous cursos seguindo a seguinte táboa. O terceiro trimestre do segundo curso dedícase á formación en centros de traballo (FCT) (prácticas en empresas).

Curso 

Módulo profesional 

h/sem

Ciencias Aplicadas I

6

Comunicación e sociedade I

7

Albaneleria Básica

8

Reformas e mantemento básico de edificios

5

Traballos de pavimentación exterior e urbanización

4

Ciencias Aplicadas II

6

Comunicación e sociedade II

4

Gornecementos e revocaduras

4

Falsos teitos

4

Pinturas e empapelamento

7

Formación en centros de traballo (al finalizar la formación en IES)

320h

¿CANDO TERMINE O CICLO QUE PODO FACER?

Esta FP básica está orientada cara a unha entrada rápida no mercado laboral. A alta demanda de persoal especializado fai del unha oportunidade única para coñecer un sector que precisa de persoal cualificado. Ademais, se tes outras inquietudes, tamén che dá acceso a continuar con estudos de nivel superior.

  • ACCEDER AO MERCADO LABORAL: Na actualidade coa demanda existente, asegúrase unha taxa de inserción do 100% para todo o alumnado que desexe entrar no sector. A pesar da rápida evolución de todo o mercado laboral, este sector, dada a formación adquirida, garante unha profesión na que facer carreira e progresar a medida que se vaia adquirindo experiencia. A alta demanda de profesionais do sector na zona augura un bo futuro a todo aquel que se anime a emprender co seu propio negocio.
  • SEGUIR ESTUDANDO: Dada a boa predisposición do sector privado, e tras o éxito desta primeira promoción, está a barallarse a posibilidade coa administración educativa de aumentar a formación desta familia profesional. Ademais, existe a posibilidade de continuar a formación con Ciclos doutras familias profesionais medios ou superiores da familia Edificación e Obra Civil.


page | by Dr. Radut