
O instituto Ribeira do Louro, na súa aposta decidida polo plurilingüismo, forma parte dos programas “ESTRELA PLURIFP” e “CUALE” promovidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
En particular, no noso instituto, estes dous programas ligados á innovación e a excelencia educativa, persiguen o obxectivo de mellorar as habilidades lingüisticas en inglés dos nosos estudantes ofrecéndolles a posibilidade de cursar ensinanzas bilingües e de participar en diversas en actividades para potenciar as súas competencias neste idioma.
Á luz do anteriormente dito, durante o curso 2020/21, puxemos en marcha as seguintes acción educativas:
1) MÓDULOS BILINGÜES EN CICLOS FORMATIVOS
Particularmente, este curso a oferta educativa en réxime bilingüe é a seguinte:
CICLO
|
MÓDULO
|
CURSO
|
IDIOMA
|
CICLO MEDIO EN XESTIÓN ADMINISTRATIVA
|
OPERACIÓNS AUXILIARES DE XESTIÓN DE TESOURARÍA
|
1º
|
INGLÉS
|
CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
|
COMUNICACIÓN E ATENCIÓN Á CLIENTELA
|
1º
|
INGLÉS
|
CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL
|
NEGOCIACIÓN INTERNACIONAL
|
1º
|
INGLÉS
|
CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL
|
FINANCIAMENTO INTERNACIONAL
|
2º
|
INGLÉS
|
2) INCORPORACIÓN AO EQUIPO DOCENTE DUNHA AUXILIAR DE CONVERSA NATIVA
Neste curso 2020/21 contamos coa colaboración da auxiliar de conversa nativa americana Kendall Perry, quen realiza sesións de apoio aos docentes de módulos lingüísticos e bilingües e colabora na realización de diversas actividades específicas.
3) OFERTA DE ACTIVIDADES PLURILINGÜES
A oferta de actividades específicas ten como obxectivo a creación dunha contorna plurilingüe que permita aos nosos alumnos e alumnas desenvolver as súas habilidades lingüísticas en inglés. Particularmente as actividades ofrecidas, polo de agora, son as seguintes:
“DESTINATION B1”
Impartida por Chus García, Xefa do Departamento de Inglés, nesta actividade o obxectivo fundamental é que o alumnado prepare as probas conducentes aos seguintes títulos do Nivel B1 de Inglés:
- O Título Nivel Intermedio da Escola Oficial de Idiomas
- O Título ISE I do Trinity College London
Para obter máis información sobre a actividade "Destination B1" podes consultar o seguinte arquivo.
“ENGLISH TABLE TALK”
Impartida por Kendall Perry, auxiliar de conversa, nesta actividade os estudantes teñen a oportunidade de charlar en inglés de xeito informal e en pequeno grupo coa nosa auxiliar. Cada semana trátase un tema concreto e o alumnado participante dispón de fichas de vocabulario específico para repasar con antelación á charla.
Para obter máis información sobre a actividade "English Table Talk" podes consultar o seguinte arquivo.