try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Normalización e Dinamización

O BUFÓN DE EL-REI, de Vicente Risco (Teatro filmado)

O noso grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística presenta a película O Bufón de El-Rei, de Vicente Risco:

FLORALBA, de Manrique Fernández (Teatro filmado)

O grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística presenta a película FLORALBA, de Manrique Fernández.

Cadernos de Teatro 2016

Velaquí un novo número dos Cadernos de Teatro, que dá conta da importante actividade que neste eido ten lugar no noso instituto:

 

 

 

ÓRBITA 2016. REVISTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A revista Órbita sae de novo á luz neste mes de maio do ano 2016, cen anos despois do nacemento das Irmandades da Fala:

 

 

A SITUACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NO BRASIL

Emotiva conferencia sobre a situación dos dereitos humanos no Brasil, a cargo de Renata Nede, xeógrafa e especialista en planificación e política urbana, e mais Ana Paula, pedagoga. A charla tivo lugar no IES Ribeira do Louro, grazas á colaboración da sección de Vigo de Aministía Internacional. No noso centro, a actividade foi coordinada por Virxinia Calviño.

TORNEIROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A comunidade educativa de Torneiros conmemora o Día contra a violencia de xénero (25 de novembro do 2015), cunha cadea humana, unha lectura de poemas e narracións, e unhas verbas finais da alcaldesa do Porriño. E todo iso con algúns retrincos musicais do tema Porco blues, da extraordinaria Sés.

VISITA DO GRUPO DE TEATRO DO IES TABOADA CHIVITE AO NOSO CENTRO

Hai un ano, o grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro ía ao IES Taboada Chivite, en Verín, a representar o Edipo rei, de Sófocles. Pois ben, neste 10 de novembro foron eles os que viñeron ao noso instituto para montar de xeito maxistral As troianas, de Eurípides. Foi unha auténtica lección de teatro que podemos ver neste vídeo que gravamos:

NOVIDADES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Interesantísima conferencia do arqueólogo Xosé Lois Vilar sobre a arte rupestre en Galicia, pronunciada no salón de actos do noso centro durante o mes de maio do 2015:

 

NOVIDADES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Velaquí un novo número dos Cadernos de Teatro, editados polo Equipo de Dinamización Lingüística

 
Distribuir contido