eTwinning

eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa que forma parte de Erasmus Logotipo eTwinning

eTwinning ofrece unha plataforma segura para promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo colaborativo entre profesorado e alumnado a través das TIC. 

Para coordinar esta acción en toda Europa, eTwinning conta cun Servizo Central de Apoio en Bruxelas e cun Servizo Nacional de Apoio (SNA) en cada país. No caso de España, o SNA sitúase no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Os representantes en Galicia son Sonia Vázquez Gómez e Pablo Ordás Díaz:

etwinning@edu.xunta.gal

Teléfonos:  981 546 545 / 981 546 533

Para solicitar a Asistencia do SNA: asistencia@etwinning.es