Selos e Premios eTwinning

Parabéns aos seis centros galegos coa distinción de eTwinning Schools para os anos 2023 - 2024!

eTwinning Schools son Selos de Centro, que demostran unha participación activa e relevante en eTwinning. Preme para acceder ao perfil na ESEP destes centros eTwinning:

 

Desde eTwinning recoñécese de distintos xeitos o traballo do profesorado

  • Selo de Calidade Nacional

  • Selo de Calidade Europeo

  • Premio Nacional

  • Premio Europeo

 

Imaxe: Axencia Nacional eTwinning en España

ETWINNING SCHOOLS EN GALICIA

Ano 2023

  • EOI A Coruña
  • CPI Domingo Fontán, Portas
  • IES Laxeiro, Lalín
  • CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña
  • EOI de Ourense
  • IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz

Ano 2021

  •     CEIP Plurilingüe Froebel, Pontevedra
  •     EOI A Coruña 
  •     EOI de Vilagarcía de Arousa
  •     IES Laxeiro, Lalín

 Ano 2020

  • IES San Clemente
  • IES de Poio
  • SEK International School Atlántico

Como pode un centro ter o recoñecemento eTwinning School? Prema aquí para acceder á información

SELO DE CALIDADE NACIONAL

O Selo de Calidade Nacional (tamén coñecido como NQL, as súas siglas en inglés) é un recoñecemento individual ao traballo realizado por un profesor ou unha profesora nun proxecto eTwinning, e avala que dito proxecto acadou os criterios de calidade establecidos polo Servizo Nacional de Apoio.

Prema no enlace para acceder á rúbrica do Selo de Calidade Nacional: http://etwinning.es/wp-content/uploads/2022/10/rubrica-QL-VISUAL2.pdf ">http://etwinning.es/wp-content/uploads/2022/10/rubrica-QL-VISUAL2.pdf 

Cada docente participante debe realizar a súa propia solicitude de Selo de Calidade Nacional, e se avaliará cada contribución persoal ao proxecto. Non se pode solicitar como equipo de docentes, nin se lle concede ao conxunto de docentes dun proxecto. 

Prema no enlace para acceder a información importante da solicitude dos Selos de Calidade: http://etwinning.es/es/plazo-limite-para-solicitar-sellos-de-calidad-nac...