Embaixada eTwinning

A Rede de Embaixadas de eTwinning en España fan difusión dos beneficios do programa e prestan axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico como pedagóxico. Está formada por docentes entusiastas con ampla experiencia no programa, que participaron en numerosos proxectos recoñecidos con Selos de Calidade Nacional ou Europeos, e incluso galardoados cos Premios Nacionais ou Europeos. 

As embaixadoras en Galicia son:

  • Mela Rodríguez Montegrifo - CEIP Manuel Vidal Portela, Pontevedra.
  • Patricia Conde Pardo - EOI de Ourense - Sección de Ribadavia.
  • Esther Pérez Fernández - IES de Beade, Vigo.
  • Carmen María Fernández Rodríguez - EOI de A Coruña.

http://embaixada.etwinning.gal/

FUNCIÓNS DA REDE DE EMBAIXADAS

As súas funcións son:

  • Asesorar sobre os procedementos en eTwinning,
  • Difundir a acción eTwinning, tanto en actividades en liña como presenciais, en redes sociais, en blogues de educación, sesións de formación e encontros didácticos en liña;
  • Asistir a Xornadas, Seminarios, Encontros (...);
  • Coordinar grupos de traballo, imparten talleres en centros escolares e outras institucións educativas;
  • Recomendar o uso das ferramentas TIC máis adecuadas para unha determinada actividade;
  • Presentar exemplos de boas prácticas, que poden servir de modelo para o profesorado iniciado;
  • Elaborar documentos de consulta;
  • Acompañar ao profesorado no seu emprego de eTwinning.