Skip to Content

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

O profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura no curso 2023-24: 

 

Raquel Castro Martínez (Coordinadora Biblioteca)

Soraya Domínguez Portela (Coordinadora do Departamento)

Delio García Represas  (Coordinador Grupo de Teatro)

Laura Iglesias Rodríguez (Coordinadora do EDNL)

Paz Fernández Pereiro

 

 

 Programación

 

Lexislación

 

 Recursos

 

Semana do Teatro

Como tódolos anos, o grupo de teatro, dirixido polo profesor Delio, fíxonos gozar co espectáculo enriba das táboas. O mércores e o xoves 7 e 8 de maio o teatro tomou o noso istituto! Este ano foron 4 retrincos teatrais que desbordaron creatividade e bo facer. Moitos parabéns a todas e todos!!!

Saída didáctica á cidade do Porto

Os días 2 e 3 de maio, o estudantado de Português realizou unha saída didáctica á cidade do Porto. O noso programa de visitas foi:

Visitamos o mercado do Bolhão, o Banco dos materiais, o Museu da cidade de Porto, o Centro portugués de fotografía, o Palácio da Bolsa e o World of Discoveries. Fixemos a ruta das pontes en barco polo río Douro.
Ademais, puidemos ver a estación de tren de San Bento, o café Brasileira, o teatro Sá da Bandeira, o café Majestic, a igrexa do Carmo e de Ildefonso. Tamén vimos a librería Lello e a torre dos Clérigos. Paseamos pola avenida dos Aliados, pola Ribeira de Oporto e a de Gaia e polos xardíns do palacio de Cristal. Atravesamos a ponte de de Luis I e ata viaxamos en metro.
Foron dous días intensos para coñecer parte da cidade, pasalo ben e practicar portugués.

Visitas de autoras e autores no mes de abril

A nosa biblioteca, da cal a coordinadora é a docente do noso departamento Raquel Castro, leva en todo o curso ofertándonos a visita de numerosas voces fundamentais do panorama cultural galego de hoxe. O mes de abril amosouse como singularmente prolífico.

O estudantado de cuarto da ESO puido asistir á charla de David Álvarez, tradutor, sobre a tradución literaria.

O técnico de Normalización Lingüística da USC, Núñez Singala, estivo co estudantado de 1iero de Bacharelato para achegarlles nocións e a situación sociolingüística do noso idioma.

Marga Do Val veu ata o noso centro para achegarlle ó estudantado de 1eiro de Bacharelato a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Despois da charla, o estudantado da nosa radio escolar entrevistouna en directo con emisión para toda a comunidade educativa.

Finalmente, o día 23, Día do Libro, o estudantado de terceiro da ESO, puido asistir á charla de María Reimóndez sobre a súa recente novela Furia. Foi unha experiencia intensa que case leva o noso estudantado ó KO.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut