try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Ciencias Naturais

XII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE GALEGA.

Este pasado mércores 24 de febreiro  tivo lugar a fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. Tódolos anos ten lugar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo; pero nesta edición só se puido realizar de xeito virtual debido a situación sanitaria que estamos a padecer.

     Durante a mañá realizaronse as dúas partes da proba. Primeiramente, a parte práctica en grupos de catro, que consistiu nunha serie de preguntas relativas a mapas topográficos, mapas xeolóxicos, identificación de paisaxes, recoñecemento de minerais e rochas, interpretación de gráficos,....... Despois dun merecido descanso continuouse coa parte teórica, un test individual con 40 cuestións relacionadas con diversas temáticas xeolóxicas.

     O IES Ribeira do Louro presentouse cun grupo voluntario de alumnos/as de 2º BAC, 1º BAC e 4º ESO: Lucía, Matías, Antonio, Jorge, Ana, Arancha, Sergio e Érika. O equipo traballou moi ben, parabéns a todos.

   E, deste grupo saíu o primeiro premio que representará a Galicia na Olimpíada Nacional:  Antonio García Torres de 2º BAC A.

Parabéns Antonio !!!!!!

 

Profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía curso 2020-2021

Marta Mª Freijedo Pérez

Mª Purificación Pardo Vuelta  (Xefa departamento)

Mª Inmaculada López Prada

Mª Elena Lago

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2019-2020

Marta Mª Freijedo Pérez   Xefa departamento

Purificación Pardo Vuelta

Laura Arranz Martín

Mª Inmaculada López Prada

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2018-2019

MARTA Mª FREIJEDO PÉREZ ( xefa departamento )

LAURA ARRANZ MARTÍN

MARÍA ZAPATERO ARTACHO

Mª INMACULADA LÓPEZ PRADA

CONGRESO INTERNACIONAL CLMNTK17 -- EDUCO2cean ERASMUS +

     

 

     O IES Ribeira do Louro rematou a súa participación no Congreso Internacional CLMNTK17 dentro do marco da alianza estratéxica EDUCO2cean - ERASMUS + do que é socio colaborador.

     Este campus xuvenil internacionalseminario docente de Investigación - Acción EduCO2cean-Erasmus + celebrouse, na súa fase de produción, na localidade lusa de Aveiro do 2 ao 6 de setembro e, na súa fase de difusión, do 6 ao 9 de setembro na localidade galega de Noia.

   Participaron alumnos/as e profesores/as de varias comunidades autónomas  (Galicia, Castela, Murcia, Andalucía, Canarias, Madrid, ....) e tamén de Portugal e México.

    Os alumnos participantes seleccionáronse a través dun  congreso virtual. Estes alumnos gañadores tamén conseguiron unha praza para os seus docentes orientadores do proxecto no seminario de investigación - acción sobre o campus EduCO2cean - Erasmus+. 

      As nosas alumnas seleccionadas para este campus foron: Andrea Calvo, Alba Carrera e Alba Castro de 4º ESO cos seus traballos: "A nosa estrela, a nosa enerxía" e "Humanos vs Océanos".

 

Distribuir contido