Skip to Content

Probas Libres

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).

Período de reclamación: desde o día 6 ás 9:00 horas ata o 8 de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.

Máis información

PROBAS LIBRES ESO 2024

No DOG do 11/01/2024 publicouse a convocatoria para o ano 2024 das probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

A convocatoria ten novidades importantes:

  • O IES Ribeira do Louro non vai realizar a proba. O centro máis cercano onde se realizará é a EPAPU do Berbés (rúa Marqués de Valterra nº 8, Vigo).
  • As solicitudes non se poden presentar no IES Ribeira do Louro. Só se poden presentar nos centros onde se realizarán as probas, nos rexistros das administracións públicas ou nas oficinas de Correos (neste caso deberán aboar o importe do envío da solicitude por correo certificado). No concello do Porriño pódense presentar presencialmente no Rexistro Municipal do Concello, no rexistro da Oficina Comarcal Agraria da Xunta de Galicia (situado no Edificio Multicentro de Torneiros, ao lado do noso centro) ou en Correos.
  • As probas celebraranse en abril e xuño. Polo tanto, non se realizará a proba en setembro.

As datas da convocatoria son as seguintes:

  • Prazo de inscrición:
    • Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024
    • Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024
  • Data de realización da proba:
    • 12 de abril de 2024
    • 7 de xuño de 2024

LISTAXE PROVISIONAL DE CALIFICACIÓNS DAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS.

Bo día,

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional dos resultados das probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de dezaoito anos.

 

Recordade que desde hoxe xoves 7 de setembro hai cinco días hábiles para reclamacións.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut