try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PRAZAS VACANTES DE CICLOS - PRAZO EXCEPCIONAL PARA ADULTOS EN PRAZAS LIBERADAS DE FP.

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas. Estas prazas poden ser ocupadas en réxime de adultos, é dicir, sen necesidade de matricularse de todos os módulos do ciclo.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

No caso da FP Básica, pódense matricular adultos de ata 20 anos.


PRAZAS VACANTES


Ciclo Básico Reforma e Mantemento de Edificios: 14 prazas

Ciclo Medio Xestión Administrativa: 8 plazas

Ciclo Medio Instalacións de Telecomunicacións: 10 prazas

Ciclo Medio Pedra Natural: 3 prazas

Ciclo Superior Comercio Internacional: 2 prazas

Ciclo Superior Administración e Finanzas: 11 prazas


LISTAXE PROVISIONAL DE CALIFICACIÓNS DAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS.

Bo día,

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional dos resultados das probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de dezaoito anos.

 

Recordade que desde hoxe xoves 7 de setembro hai cinco días hábiles para reclamacións.

Aberto o prazo de matriculación para prazas liberadas de F.P. de grao medio e superior

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 20 ás 9:00 horas ata o día 24 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto desde o día 20 de xullo ás 9:00 horas ata o día 28 de xullo ás 13:00 horas.

Tedes toda a información na web 

Distribuir contido