16:00 a 19:00 Ámbito de Comunicación (CHAMAMENTO ÁS 15:30H.)
IMPORTANTE:
- O acceso ao centro será pola entrada do aparcamento onde se fará o chamamento.
- Atendendo as normas COVID-19:
O uso da máscara é obrigatorio e
O material (bolígrafos, cálculadora) non se poden compartir.
- Todo o alumnado deberá acudir con material de escritura e correctamente identificado mediante documento orixinal (D.N.I., Permiso de Conducir, Pasaporte, N.I.E, Permiso de Residencia...)
- Non se permite o uso de teléfono móbil en ningún caso, (nin como calculadora)
- O listado provisional de calificacións farase público no centro educativo a partir do 14 de setembro de 2020.
14/09/2020 PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DAS CALIFICACIÓNS NO TABOLERO DO CENTRO
Dende o centro imos iniciar un novo proxecto, “Todo resta, todo suma”, e gustaríanos que toda a comunidade educativa participase nel.
Durante os pasados meses, fíxose máis patente ca nunca a importancia da natureza e observamos como o ser humano, cada día, a maltrata. Durante este tempo, comprendemos a importancia de parar e darlle un respiro ao planeta.
Como centro comprometido co coidado e respecto cara o medio ambiente, queremos levar a cabo durante este verán un proxecto colaborativo para conseguir reducir a contaminación nos espazos naturais da nosa contorna.
Esta iniciativa consiste en que cada vez que vaiamos ao campo, á praia, ao monte, ao río ou a calquera outro espazo natural, traiamos, alomenos, un residuo que atopemos. Para deixar constancia desa pequena acción podemos tirar unha foto co móbil e subila a nosa conta de Instagram personal co cancelo #todorestatodosuma, etiquetando, ademais, o noso centro iesribeiralouro.
- ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21: 19 DE XUÑO DE 2020.
- ENTREGA DO BOLETIN DE NOTAS: 25 DE XUÑO.
DATAS MATRICULACIÓN CURSO 2020/2021
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO "FONDO LIBROS 2019/20"
LEMBREN SEGUIR AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:
* É aconsellable que acuda unha soa persoa para realizar trámites administrativos no centro.
* O uso da máscara hixiénica é obrigatorio.
* No centro non se fan fotocopias. Toda aquela documentación que se teña que entregar na secretaría do centro teñen que traela fotocopiada, ademais se queren xustificante de entrega das solicitudes deberán traer a copia.
* É aconsellable que os usuarios que acudan a secretaría a presentar documentación traian bolígrafo consigo para evitar posibles contaxios.
* É aconsellable que todas as dúbidas que poidan ter as fagan previamente vía telemática ou telefónica.
IMPORTANTE:No centro non se fan fotocopias. Deberán traer copia do dni para entregar xunto coa solicitude e orixinal e copia de toda aquela documentación que teñan que entregar para validacións.
Informamos ás familias que está publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado que solicitou praza para o curso 2020/2021 neste centro nas ensinanzas da ESO e BACHARELATO.
* Os admitidos teñen que recoller o sobre de matrícula na secretaría do centro.
Na web de Contratacións Públicas de Galicia publicouse a licitación para a xestión das cafeterías de centros docentes públicos. Todos aqueles que estén interesados poden consultar no seguinte enlace as correspondentes a esta provincia.
Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020. Ver arquivo