Skip to Content

Becas e Axudas

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Tedes adxunto un PDF resumo informativo.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS + PRACTICUM DEPO

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO
 
 
Pola presente convócase o procedemento para seleccionar a DOUS ALUMNOS/AS (con posibilidade de ampliación, dacordo á dispoñibilidade) para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra e o IES Ribeira do Louro no presente curso académico.
 
Con respecto aos alumnos/as, esta convocatoria vai dirixida aos estudantes que se atopen matriculados no segundo curso de calquer Ciclo Básico ou Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro. 
 
Os estudantes que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o documento relativo á “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO” e envialo ao seguinte enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal  entre o 15 E O 28 DE ABRIL DE 2024 (ambos inclusive).  É importante que no asunto do correo se indique o seguinte texto “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO NOME APELIDOS” (Ex. SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO UXIA SILVA LOUREIRO).
 
Para máis información sobre as mobilidades e o proceso de selección ler o aquivo informativo anexo a esta publicación ou contactar con Olga González (Departamento de Administración e Xestión).

BECAS MEC 2024/25

Hoxe comezou o prazo para solicitar as becas MEC para Bacharelato e Formación Profesional. O prazo remata o 10 de maio ás 15:00

IMPORTANTE: solicita a beca independentemente de saber se vas superar o curso ou non, para que non se che pase o prazo no caso de que poidas optar a obtela.

Toda a información para facer a solicitude está no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

Ver orde

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut