try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Cadernos de Teatro 2021

Velaquí un novo número da nosa revista teatral.

 

Publicación listas provisionais de cualificacións das probas libres ESO maio 2021

A listaxe de cualificacións esta exposta para a súa consulta nas dependencias do IES Ribeira do Louro.

Ver listaxes

Prazo de reclamacións: 5 días hábiles

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-222

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2021

Publicación listaxes provisionais: 9 de xullo de 2021

Prazo de reclamacións: 2 días seguintes a publicación listaxe

REQUISITOS:

  • Familias con renda per cápita menor ou igual a 6000.-€ (Ano 2019)
  • Ter devolto os libros recibidos do fondo escolar dos anos anteriores, de ser o caso.

DOCUMENTACIÓN:

  • ANEXO I (SOLICITUDE) e ANEXO II (Autorización membros da  unidade familiar, agás o solicitante):
  • Documentación que acredita a unidade familiar (Libro de familia, sentencia de separación ou divorcio, certificado ou volante de convivencia, ...)

IMPORTANTE:

* Toda a ESO está incluída no Proxecto de Educación Dixital (E-DIXGAL) polo que non haberá fondo de libros para o curso escolar 2021/22.

* Normativa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html

 

CONVOCATORIA PROBAS DE SELECCIÓN E APERTURA DO PRAZO PARA O ENVÍO DE MÉRITOS DOS ESTUDANTES ADMITIDOS NO ERASMUS+ CICLOS MEDIOS

Todos aqueles alumnos e alumnas que figuren na LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS para participar no programa ERASMUS+ DEPO 2020, publicada no taboleiro físico do instituto deberán realizar o seguinte:

1) ENVIAR A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS SEUS MÉRITOS

Dacordo ao baremo publicado os estudantes poderán achegar os seguintes títulos co obxectivo de seren valorados e incorporados ao seu baremo de méritos:

- Títulos de inglés e outros idiomas, emitidos pola Escola Oficial de Idiomas ou equivalentes.

- Títulos doutros Ciclos Medios que o alumno/a teña cursado con anterioridade aos estudos actuais.

Os estudantes deberán remitir a documentación anteriormente indicada ao enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 25 e o 30 de Maio (ambos inclusive). É importante que no "Asunto" do correo se indique o seguinte texto: “DOCUMENTOS BAREMO ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”.

2) ACUDIR AO INSTITUTO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SELECCIÓN

Dacordo ao baremo publicado os estudantes deberán realizar as seguintes probas de selección co obxectivo de seren valoradas e incorporadas ao seu baremo de méritos:

- PROBA ORAL DE INGLÉS cun integrante do equipo de linguas do instituto. A tal efecto, os estudantes deberán presentarse na AULA 24 do instituto o mércores 26/05/2021 ás 18:30 h.

- ENTREVISTA PERSOAL con membros da Comisión de Valoración Erasmus+ Depo 2020. A tal efecto, os estudantes deberán presentarse na recepción do instituto o xoves 27/05/2021 ás 18:30 h.

 

Ante calquera dúbida ou pregunta os alumnos e alumnas poden poñerse en contacto co seu titor/a quen os porá en contacto co equipo responsable do programa.

Información Probas Libres ESO Maio 2021

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN:

Venres, 21 de maio de 2021

IES RIBEIRA DO LOURO

 

HORARIO:

09:00 - Chamamento

09:30 a 12:00 - Ámbito Científico-Tecnolóxico

12:15 a 13:15 - Ámbito Social

16:00 a 19:00 - Ámbito de Comunicación

 

 

*Publicación listaxes provisionais o 3 de xuño de 2021

Información Proba libre 2020-21 CMAD601 Xestión administrativa

Información xeral da proba

As programacións dos distintos módulos están como documentos anexos.

 

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR EN MOBILIDADES ERASMUS+ CICLOS MEDIOS

 

O instituto Ribeira do Louro forma parte do proxecto “ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2020”,coordinado pola Deputación de Pontevedra. Este programa ten como obxectivo ofrecerlle ao alumnado matriculado en Ciclos Medios de Formación Profesional a posibilidade de realizar prácticas laborais en países europeos, unha vez teñan obtido a súa titulación. 

Particularmente nesta convocatoria se ofertan DÚAS PRAZAS para mobilidades europeas (con posiblidade de incrementarse) e se poden presentar tódolos alumnos e alumnas que se atopen matriculados a día de hoxe no segundo curso dalgún  dos Ciclos Medios do instituto Ribeira do Louro.

En calquera caso no seguinte DOCUMENTO INFORMATIVO DA CONVOCATORIA pódese consultar información máis detallada sobre o funcionamento do programa.

Os estudantes interesados en participar deberán cumprimentar o seguinte FORMULARIO DE SOLICITUDE e envialo ao enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 12 e o 16 de Maio (ambos inclusive). É importante que no "Asunto" do correo se indique o seguinte texto: “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”.

 

Para calquera dúbida ou pregunta os estudantes deben dirixirse ao seu titor/a que será quen os poña en contacto coas persoas responsables do programa no centro.

 

 

Distribuir contido