try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

ADMISIÓN CURSO 2020/2021. LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO

Informamos ás familias que está publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado que solicitou praza para o curso 2020/2021 neste centro nas ensinanzas da ESO e BACHARELATO.

 

* Os admitidos teñen que recoller o sobre de matrícula na secretaría do centro.

* Datas matrícula: aquí

 

Licitación para xestionar a cafetería do IES Ribeira do Louro para o curso escolar 2020/2021

Na web de Contratacións Públicas de Galicia publicouse a licitación para a xestión das cafeterías de centros docentes públicos. Todos aqueles que estén interesados poden consultar no seguinte enlace as correspondentes a esta provincia.

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=722694&lang=gl

O prazo para presentar as ofertas remata o 23/06/2020 as 14:00 horas

 

PROCEDEMENTO RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS 2º BACH

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educacion Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021. Ver arquivo.

Novo calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP 2020

Publicase un novo calendario para as probas de acceso a ciclos medios e superiores.

CICLO MEDIO:

*Reclamación contra as listas provisionais: Fin o 28 de maio 2020

* Publicación Listas definitivas e lugares  realización da proba: 29 de maio de 2020

*Exame: 10 xuño

* Sede

 

CICLO SUPERIOR:

*Exame: 11 xuño

* Sede

Mais información en http://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Formulario de prematrícula para o curso 2020-2021

A continuación preme no curso que corresponda e cumprimenta cos datos persoais e académicos do alumno/a e selecciona as materias optativas.

Data máxima para enviar o formulario o 25/05/2020.

No caso de dúbida en canto a elección da materia optativa podes consultar unhas reseñas sobre cada unha delas que están publicadas no seguinte enlace  

PREMATRÍCULA CURSO 2020/21 - ESO

1º ESO      2º ESO       3º ESO       4º ESO

 

PREMATRÍCULA CURSO 2020/21 - BACHARELATO

1º BCH              2º BCH

 

Se precisas mais información ou teis algunha dúbida contacta  no teléfono 986333956 ou por c.e ies.ribeira.louro@edu.xunta.es

Fondo solidario de libros de texto e axuda para material escolar para o curso 2020/2021

A partir do día de hoxe, 20 de maio e ata o vindeiro 19 de xuño, está aberto o prazo para solicitar fondo libros e axudas para material escolar para o alumnado da ESO. Nos seguintes documentos poden consultar diversa información sobre o proceso e os requisitos para a súa concesión. Tamén se adxunta modelo de solicitude no caso de presentanción manual da mesma.

Adaptacións das Programacións Didácticas Curso 2019/2020 (COVID19)

Publicación das adaptacións as programacións didácticas motivadas polo COVID19. Nos anexos publicanse as adaptacións por departamentos e materias e/ou ciclos según o caso.

CADERNOS DE TEATRO 2020

Velaquí os nosos Cadernos de Teatro, un agasallo do IES Ribeira do Louro para toda a comunidade educativa neste tempo de confinamento. Con el queremos celebrar o Día das Letras Galegas e os 10 anos de existencia da nosa Aula de Teatro. Trátase dunha revista exclusivamente teatral que inclúe todo o traballo en artes escénicas realizado polo alumnado do noso centro (preme na imaxe). Ogallá vos guste.

 

 



O ALUMNADO DO RIBEIRA DO LOURO ELABORA UN DIARIO COLECTIVO DO CONFINAMENTO ESCOLAR POLA COVID 19

O Texto poético titulado Da corentena á desescalada conmemora as Letras galegas dedicadas este ano a Carvalho Calero.

Na semana na que estariamos celebrando no instituto a Semana das Letras Galegas, o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convidou ao alumnado que se atopa telebraballando, a festexar a grande data da lingua galega coa realización dun diario colectivo realizado de xeito voluntario desde as súas casas.

O Proceso baseouse en  escribir dous enunciados, dous pensamentos, dúas frases, dous versos, dúas breves ideas sobre o significado, os sentimentos durante o confinamento forzoso pola pandemia da COVID 19. A segunda idea versaría acerca da súa visión e expectativas da chamada desescalada. Con todo o material recollido  compúxose un “texto poético ilustrado” que levou por nome  “Da corentena á desescalada. Diario dun confinamento escolar”

Carvallo Calero

Para homenaxear o autor Ricardo Carvalho Calero, alumn@s de 3º da ESO realizaron unha presentación biobibliográfica con carácter didáctico para toda a comunidade escolar.

 

Distribuir contido