try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Novos prazos do procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020_21

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión redúcense á metade. 

Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes novos prazos do proceso: 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:
    • ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:
    • antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:
    • ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:         
    • do 1 ao 10 xullo.
    • Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado para a ESO e  Bacharelato  a partir do vindeiro luns 11 de maio e rematará o 18 do mesmo mes.

O horario de atención ao público da secretaría do centro será de 09:30 a 13 horas.

Seguindo as recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos durante as xornadas presencias e nos procedementos de atención ao público, aconsellamos utilizar o teléfono e/ou correo electrónico para posibles consultas sobre o procedemento. Todo isto sen prexuízo da garantía a recepción de solicitudes ou atención ao público no horario establecido polo centro.

Para calquera dúbida poden contactar no 986 333 956 ou por correo electrónico no ies.ribeira.louro@edu.xunta.es, poñendo no asunto A/A Secretaría.

 

COMUNICADO DO IES RIBEIRA DO LOURO

Seguindo as instrucións do 27 de marzo de 2020 da Consellería  de Educación, o centro informa o seguinte:

  • A 2ª avaliación será o 1 de abril. Será avaliable todo o traballo realizado ata a data de declaración do estado de alarma.
  • Na avaliación parcial de 2º curso dos ciclos formativos de grao medio e grao superior tomarase a decisión de acceso a FCT  e proxecto (Grao superior).
  • O boletín de notas da 2ª avaliación comunicarase o día 3 de abril ás 12:00 h. por AbalarMóbil.

 

Seguiremos informando a medida que recibamos indicacións das autoridades competentes.

Desexamos que esta situación remate o antes posible.

Moito ánimo para tod@s!

O equipo directivo

INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DO CENTRO E PRAZOS ADMINISTRATIVOS

Seguindo as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do COVID-19 o centro permancerá PECHADO AO PÚBLICO. Para consultas ou máis información contactar no 986 333 956 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Todos aqueles pazos que xa estaban iniciados (solicitudes de admisión alumnado) ou que se iniciaban no día de hoxe (solicitude de probas libres da ESO para maiores de 18 anos), quedan SUSPENDIDOS tal e como establece a medida 7 da resolución da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das ad-ministracións públicas. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución mo-tivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuí-zos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

COMUNICADO URXENTE

 

Nos próximos días o profesorado enviará material escolar ao alumnado por correo electrónico “conta Google Gsuite” o por outros medios telemáticos acordados por profesorado e o alumnado.

 

Permanecede atentos a web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ( http://www.edu.xunta.gal/portal/ ) e a web do centro educativo ( https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribeiralouro/ ) para calquera información nova que poida xurdir.

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

Comunicado da Consellería de Educación en relación coa suspensión das clases para os vindeiros días. Aquí

Publicación das listaxes provisionais proba de acceso a ciclo superior

Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provionais de inscrición, exención e proba adaptada para a proba de acceso a ciclo superior.

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Proba acceso ao ciclo medio

Está aberto o prazo para presentar solicitudes de inscrición para a realización da proba de acceso a ciclo medio do 2 ao 13 de marzo.

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Distribuir contido