Skip to Content

Industrias Extractivas

INDUSTRIAS EXTRACTIVAS

No marco do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais a familia profesional de Industrias Extractivas abarca un amplo conxunto de actividades produtivas, agrupadas para o seu estudo en dúas áreas:

  • Minería

  • Pedra Natural

A área profesional da Minería abarca actividades como a extracción selectiva de rochas e minerais existentes na cortiza terrestre. Neste sentido inclúe, ademais das operacións subterráneas ou a ceo aberto que requiran a aplicación da técnica mineira ou o uso de explosivos, as necesarias para o tratamento de sustancias extraídas, tales como a súa trituración, clasificación por tamaños, lavado, concentración, etc.

Na área profesional de Pedra Natural abarca actividades como a extracción de pedra ornamental para a construción como granito, mármore, pedra caliza, pizarra, entre outras.

España é un dos países máis importantes a nivel mundial dentro do sector da Pedra Natural. O sector mineiro español evolucionou notablemente nos últimos anos. Mentres diminuía a actividade da minería metálica e enerxética, foi crecendo a produción de minerais industriais, rochas ornamentais e materiais para a construción.

Ditos recursos mineiros teñen os seguintes usos industriais: os áridos e as rochas ornamentais úsanse na construción; os minerais industriais para a fabricación de cerámica, ladrillos porcelanas; os minerais metálicos para obter aliaxes; o uranio e o carbón como sustancias enerxéticas; e finalmente augas minerais e termais, para o consumo humano e sanitario.

A Unión Europea é a principal zona produtora de mármore. Dentro dela destaca como líder indiscutible Italia, con España en segundo lugar.

España é o país más importante no mercado das pizarras, estando situado moi por encima de Francia que ocupa o segundo lugar e cuxa produción é nove veces inferior a española. Galicia é a primeira rexión produtora de pizarras do mundo.

España é un dos países máis importantes no mercado mundial de granito tanto en produto en bruto como elaborado. O noso país posúe importantes reservas deste material (calcúlase que existen máis de oitenta variedades), sendo as tonalidades rosas e grises as predominantes, mentres que os xacementos de coloracións fortes son escasos. Ademais, España conta con unha destacada industria elaboradora, que foi evolucionando durante os últimos anos, atopándose agora mesmo cerquiña xa de Italia, país que lidera o mercado mundial de elaborados.

Galicia é unha das zonas extractoras de granito máis importantes e un dos motores fundamentais da economía galega. A zona de O Porriño, onde se concentran o maior número de canteiras de granito en Galicia, depende deste material para o seu desenvolvemento económico e social. A industria do granito xorde en Galicia como unha extracción de bloques de pedra destinados a exportación e a un restrinxido mercado nacional. Pero, durante os años oitenta, vendo el florecente negocio da transformación, os empresarios galegos comezan a incorporar no seu proceso produtivo a transformación do granito, o que permite multiplicar por 10 o valor do material en bruto.

Desta forma fomentouse a creación dun emprego máis especializado tecnicamente na zona, ben para mellorar as técnicas de extracción do granito, ben para o tratamento posterior da pedra.

Nesta familia profesional ofértanse o seguinte ciclos en réxime adulto na modalidade dual:


 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut