Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2022/23

Ven, 01/07/2022 - 11:13

Achégase a Resolución do 17 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2022/23.

            Prazo de solicitude: ata o 16 de setembro de 2022.

            Solicitude: a través da aplicación Club de Ciencia 2022/23 (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)