Skip to Content

Música

Aula Virtual Música

Lamentablemente temos que pechar as aulas do noso centro debido á crise creada polo COVID-19. Con todo, non deixes de consultar esta páxina para seguir practicando coas actividades que te propoñemos.

Podes poñerte en contacto co profesor David Barros a través da aplicación "Classroom" ou escribiendo un correo a:  dbarros@iesribeiralouro.com.es

 Preme nos seguintes títulos para acceder aos recursos musicais:

 

 

 

 

 

 

Os nosos proxectos

Preme sobre a imaxen para acceder

 

 

"Rumba das árbores"

O pasado venres 6 de marzo, dentro da campaña de concienciación ecolóxica "Friday's for future", interpretamos a "Rumba das árbores" do grupo folclórico "Os Escaravellos".

Parabéns ao alumnado de 2º ESO que cantou e bailou esta música tan festeira! E que o lume non queime maís os nosos bosques! 

 

Aquí tes a letra da "Rumba das árbores"

 Agora podes tocar esta fermosa peza coa frauta doce seguindo a partitura

 

 

 

 

"Bring me little water, Silvy"

Estamos a practicar na clase de 1º Bacharelato un spiritual a 3 voces polifónicas acompañadas por percusión corporal: "Bring me little water, Silvy

A primeira interpretación coñecida desta canción remóntase a 1936, e fai referencia a un sedento traballador negro que, mentres faena a plena luz do sol, pídelle a Sylvie que lle achegue un pouco de auga. O seu autor, de orixe estadounidense e coñecido como Leadbelly.

Na nosa versión, acompañámonos dun ritmo composto pola compositora Moira Smiley.. Neste vídeo titorial explica cómo facer a percusión corporal:

 

   Para practicar a túa voz podes descargar un audio mp3:  soprano, alto e barítono

   Podemos seguir a melodía na partitura: soprano, alto e barítono

Viaxe cultural a Madrid

Alumnado de 1º de Bacharelato viaxou a pasada semana a Madrid dentro dunha actividade cultural organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Española, Ciencias Sociais e Música. Os nosos compañeiros realizaron diversas visitas: á exposición sobre os 100 anos da Biblioteca Musical do Centro Cultural Conde Duque; asistencia ao musical de "Billy Elliot" e ao teatro "Fortunata y Benito"; e desfrutaron da arte nos museos do Prado e Reina Sofía. Por último, á volta da viaxe, visitaron tamén a monumental cidade de Segovia. 

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut