Skip to Content

Música

Día da Paz

Unha vez máis celebramos o pasado 30 de xaneiro o Día escolar pola Paz. Dende o noso instituto queremos fomentar unha cultura da non violencia apostando por unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. 

O alumnado mostrou a súa creatividade a través de poemas e cancións inspirados por este sentimento universal. 

 

Pincha aquí para acceder ao albúm de imaxes

 

Presentouse de forma inédita a canción "Autodestrucción" composta e interpretada por Daniel Rodriguez de 1º Bacharelato.

 

 

 

Podes ler os poemas recitados neste día polo noso alumnado pinchando aquí.

 

VIII Encontro de Música de Secundaria

O pasado 30 de abril, 52 alumnos e alumnas do noso centro participaron no VIII Encontro de Alumnos de Música de Secundaria de Galicia. O evento, organizado por Asomúsica, desenvolveuse no auditorio de ABANCA de Santiago de Compostela e nel particiaron uns 550 estudantes de 15 centros de toda Galicia. Esta xornada contou con actuacións musicais dos diferentes institutos e con catro obradoiros: percusión tradicional, batucada, técnica vocal e hip hop.

Pincha aquí para acceder ao album de fotos 

Podes consultar tamén a reportaxe do evento polo programa A Revista da CRTVG.

 Escoita as nosas actuacións nos seguintes enlaces:  "Señales de tránsito"  e  "Bohemian rhapsody"

Viaxe cultural a Madrid

Os pasados días 29, 30 e 31 de abril, alumnado de Música e Historia da Arte de Bacharelato visitaron a cidade de Madrid. No seu programa tiñan a asistencia ao musical de "Billy Elliot" e admirar as principais obras de arte exhibidas nos museos Reina Sofía, Prado e Thyssen. 

Deixámovos cunha pequena presentación de fotos tomadas nesta actividade.

"Muiñeira dos Nenos"

O pasado 24 de maio, dentro das celebracións das Letras Galegas 2018, tivemos unha actuación de baile coordinada polos departamentos de Educación Física e Música. 

Alumnado de 1º e 3º ESO ensaiaron a "Muiñeira dos nenos" durante as clases de Ed.Física coa inestimable axuda do xefe de estudos, Victor García, experimentado bailador do noso folclore. 

Aquí tedes o video da nosa actuación agardando que a disfrutedes.

 

Agrupación musical: Adrián Rodriguez, Alexia Paz e Victorino García (pandeiretas), Miguel Santiago (guitarra ), Antón Silva e David Barros (gaitas)

Bailadores: Shakira Costas, Jennifer García, Gisela Roris, Érika Álvarez, Alejandro Alves, Jessica Cardozo, Alba González, Uxía Otero, Laura Puime, Paula Campos, Andrea Fernández, Iria Coto, Uxía González, Sheila Lorenzo, Miriam Vila, Rubén Novo, Antonio García, Selena Fernández, Lucía Collazo, Ana Muñiz, Sara Castro, Verónica González e Raquel Giráldez

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut