Skip to Content

Secretaría

HORARIO DE ATENCIÓN

O horario de atención da secretaría é:

9:30h a 13:30h

18:00h a 19:00h

_____________________________________________________

Se precisas porte en contacto co IES Ribeira do Louro:

Tfno: 986 33 39 56 

Email: ies.ribeira.louro@edu.xunta.es

Enderezo: Rúa Ribeira, S/N - Torneiros 36410, O Porriño

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Tedes adxunto un PDF resumo informativo.

Prazas vacantes para admisión ao curso 2024/25

No documento adxunto pódese consultar o número de prazas vacantes dispoñibles para o curso 2024/25, unha vez finalizado o proceso ordinario de admisión. Lembramos que aínda se pode solicitar a admisión a esas prazas mentres estean dispoñibles.

Admisión 2024/25 - Listaxe definitiva de alumnado admitido

Publicouse no taboleiro de anuncios do noso centro a listaxe definitiva de alumnado admitido para ESO e Bacharelato no curso 2024/25.

Todo o alumnado que tiña reserva de praza está admitido.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut