Skip to Content

Secretaría

PUBLICADA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E ADMITIDAS NAS PROBAS LIBRES PARA CICLOS FORMATIVOS LOE 2022-2023

Hoxe publícase na web da Xunta a listaxe provisional de admitidos e admitidas nas probas libres para ciclos formativos LOE 2022-23.

 

Neste enlace está toda a información.

Admisión 2023/24 - Listaxe definitiva de alumnado admitido

Publicouse no taboleiro de anuncios do noso centro a listaxe definitiva de alumnado admitido para ESO e Bacharelato no curso 2023/24.

Información probas libres de FP.

Bo día,

 

Está aberto o prazo de solicitude das probas libres de FP.

 

Neste enlace tedes toda a información.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS. LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DEFINITIVA.

Xa está publicada no centro a listaxe de admitidos e admitidas definitivos nas probas libres da ESO para adultos.

 

O exame terá o lugar o venres 26 de maio coa seguinte estrutura:

-De 9.30 a 12 horas realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico.

-De 12.15 a 13.15 horas realizarase a proba do ámbito social.

-De 16 a 19 horas realizarase a proba do ámbito da comunicación.

 

Importante: as persoas inscritas deben levar o seu DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Non se permitirá o uso do teléfono móbil, smartwatch, nin ningún outro dispositivo electrónico.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut